Financiado por:
/ Portada / Delegados

Insomnio tecnolóxico, un novo problema para a saúde

15-05-2014 - Saúde

O uso excesivo de aparellos como ordenadores, tabletas ou smartphones pode chegar a afectar seriamente ao soño e o rendemento. Desde tempos inmemoriais botamos a culpa do insomnio a algunhas sustancias como a cafeína, a nicotina ou o alcol, mesmo a preocupacións no traballo ou os ruídos da cidade. A novidade no mundo do insomnio é atribuír a culpa da falta de soño ao lecer dixital. A esta conduta non lla pode chamar trastorno, xa que non ten por que ter signos psicolóxicos ou enfermidade mental. É máis ben un problema de hábitos. Afecta por igual a homes e mulleres desde a adolescencia, cando a comunicación entre amigos é máis habitual a través destes dispositivos, até a idade adulta onde pode existir certa dependencia ao correo electrónico do traballo. Se segmentamos por xénero, e segundo os estudos realizados polo Hospital Clínic, os homes usan máis os videoxogos antes de ir durmir, mentres que as mulleres comunícanse por WhatsApp e SMS.

Moitos dos usuarios que sofren de insomnio tecnolóxico non son realmente conscientes do tempo destinado aos gadgets ata que non miran o reloxo e contan as poucas horas que quedan antes de ter que levantarse pola mañá. "O segundo aspecto importante" afirma o doutor "é que para poder durmir profundamente necesitamos diminuír a actividade cerebral unha hora antes de irnos á cama".

Para diminuír a actividade cerebral necesitamos que o cerebro entre nunha fase de relaxación polo menos unha hora antes de irnos á cama. Existen algunhas rutinas que poden axudar a esta saudable práctica. Aínda que ao principio poden parecer aburridas, algunhas técnicas pódense converter en hábito de forma sinxela e advertir ao corpo que é hora de ir durmir. Todos estes pequenos trucos axudan a render moito máis durante o día. "Os seres humanos son animais diurnos, e é o cambio de rutinas o que o volve nocturno".


Prescindir de todos estes aparellos tecnolóxicos é un traballo que require moita forza de vontade, sobre todo nesta sociedade na que todo o traballo de realiza a través de pantallas, teléfonos e tabletas electrónicas. É complicado, pero a saúde do corpo agradecerallo.

 

Bos hábitos antes de durmir

- Escoitar música relaxante.
- Tomar un baño quente.
- Masajear os pés.
- Cear lixeiro.
- Beber unha infusión de herbas relaxantes ou leite quente.
- Preparar o dormitorio con luz tenue.
- Evitar certas sustancias como a nicotina ou o alcol.
- Usar técnicas de relaxación.

Fonte: expansión

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS