Financiado por:
/ Portada / Delegados

Informe sobre materiais da Axencia de Protección do Medio Ambiente danesa

18-04-2016 - Hixiene

A Axencia de Protección do Medio Ambiente de Dinamarca publicou un informe titulado "Mellor control dos nanomateriales" no que se recollen resultados dun traballo sobre nanomateriais e a súa seguridade realizado ao longo de catro anos, entre 2012 e 2015. Este iniciativa foi orientada a proporcionar unha visión xeral dos posibles riscos que conlevan as nanopartículas e os nanomateriales.

O informe contén unha parte na que se abordan a definición e conceptos ligados aos nanomateriais, pasando logo a considerar os riscos para os consumidores e o medio ambiente.

Como vías de entrada no organismo o informe cita a vía oral, a pel ou os ollos. Atoparon que os efectos prexudiciais para a saúde máis graves débense á inhalación dos nanomateriales e sobre todo á inhalación dos nanomateriales puros.

Tamén se indica que para a avaliación do risco debe terse en consideración, ademais da composición química do nanomaterial, o tamaño e a forma das nanopartículas. Por exemplo, hai indicios de que certos tipos de nanotubos de carbono de tipo fibroso son similares ao amianto e por tanto conducen ao cancro de pulmón; o pequeno tamaño dos nanomateriales fai que sexan capaces de penetrar profundamente polo tracto respiratorio, podendo producir irritación, inflamación e outros trastornos das vías respiratorias que, a longo prazo e nalgúns casos, poden conducir a cancro e  enfermidades cardiovasculares.

É nos lugares de traballo, na produción de produtos que conteñen nanomateriales, e na xestión de residuos, onde existe o maior risco de inhalación dos nanomateriales. Así, son os traballadores/as os que experimentan máis exposición e durante máis tempo aos nanomateriales que os consumidores.De ahí a importancia de que os empregadores/as protexan a traballadores/as dos riscos de inhalación de nanomateriais durante o traballo, adoptando as medidas oportunas.

Ligazón ao texto "Mellor control dos nanomateriais" (en inglés)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS