Financiado por:
/ Portada / Delegados

Informe sobre a situación en relación ao recoñecemento dos TME como enfermidade profesional en 10 países europeos

27-01-2017 - Eurogip

Os TME representan unha proporción moi elevada do número total de enfermidades profesionais recoñecidas en Francia (88%), Estado español (75%), Bélxica e Italia (69% en ambos os). A proporción é inferior ao 20% en Alemaña, Austria, Dinamarca, Finlandia e Suíza. No traballo realizado por Eurogip obsérvanse diferenzas importantes no número de TME reclamados por traballadores/as como enfermidades profesionais: así en Francia, Bélxica e Dinamarca teñen se reclaman respectivamente 463, 263 e 257 casos por cada 100.000 traballadores/as asegurados, en Italia 150 e en Alemaña, Finlandia, Suecia e Suíza só se notifican entre 23 e 13 casos.

As diferenzas resultan maiores se vemos o recoñecemento das enfermidades ocupacionais polas caixas de seguro de enfermidade. Neste caso Francia ocupa o primeiro lugar (322 por 100.000 traballadores asegurados), seguida polo Estado español con 94 casos, Bélxica con 82 e Italia con 64, atopandose os coeficientes máis baixos (entre 1 e 7) en Austria, Alemaña, Suíza e Suecia (que exclúen determinados TME do recoñecemento e son moi esixentes con respecto á relación causal entre a exposición ocupacional e a enfermidade).

En relación ás tendencias entre 2007 e 2014 o informe amosa que nos casos de Suíza, Suecia e Finlandia se observa unha diminución continua e regular do número de TME notificados e recoñecidos; en Dinamarca e no Estado español aparecen curvas relativamente estables dende 2007, cunha lixeira tendencia á baixa; en Italia, parece que os TME se estabilizaron dende 2012, despois de crecer continuamente; Bélxica experimentou un incremento continuo dos TME recoñecidos dende 2011; en Francia, logo dun continuo aumento, prodúcese unha reversión da tendencia dende 2012.


Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS