Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Informe que avala a rendibilidade económica da normativa de seguridade e saúde no traballo

20-04-2018 - SAÚDE LABORAL

O informe mostra que os beneficios da regulación federal na protección da saúde pública e a seguridade, así como do medio ambiente superan significativamente os custos para as empresas.

Segundo un informe elaborado pola Oficina de Administración e Orzamento do Goberno dos EEUU, a normativa en seguridade e saúde non só salvagarda dereitos e mellora condicións laborais, ademais xera beneficios económicos: estímase que en 2015 os custos das regulacións sobre saúde e seguridade no lugar de traballo, foron de US $ 0.5 bn a US $ 0.6 bn, e os beneficios, de US $ 1.2 a US $ 3.1 bn.

O informe mostra que os beneficios da regulación federal na protección da saúde pública e a seguridade, así como do medio ambiente superan significativamente os custos para as empresas.

Amit Narang, de Congress Watch Division indica que "Cada vez que o goberno calculou os custos e beneficios das regulacións federais, sempre demostrou que as proteccións de saúde, seguridade e ambientais son unha dos mellores investimentos que podemos facer, con retornos do investimento que farían palidecer de envexa ás compañías de Fortune 500.

Estes resultados son aínda máis convincentes dado que a metodoloxía de custo-beneficio utilizada neste informe esaxera habitualmente os custos de cumprimento e subestima os beneficios menos tanxibles pero moi reais de salvagardas regulatorias".

O informe socava a xustificación da axenda desreguladora que pretende levar a cabo o Goberno de EEUU.

Ligazón ao informe: 2017 Draft Report to Congress on the Benefits and Costs of Federal Regulations and Agency Compliance with the Unfunded Mandates Reform Act

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS