Financiado por:
/ Portada / Delegados

Infarto por estrés 'informático'

05-07-2016 - Sentenza

Un Xulgado de Granada condea ao Servizo Andaluz de Saúde, SAS, a recoñecer a un médico de familia a incapacidade permanente absoluta causada polo infarto sufrido logo da ansiedade xerada por problemas tecnolóxicos no seu computador. No fallo sublíñase que o infarto agudo de miocardio sufrido polo médico debe considerarse accidente de traballo porque "os seus síntomas empezaron a manifestarse no seu centro de traballo e en horario laboral".

O SAS emprega un sistema informático para a xestión da información de saúde de cada cidadán; segundo a demanda, o facultativo estaba a pasar consulta no centro de saúde; os continuos fallos no computador e na impresora do facultativo provocaron un considerable atraso na atención aos pacientes de tal xeito que á hora na que tiña que abandonar o despacho no que se realizaba a consulta, pois comezaba o turno de tarde, aínda quedaban na sala de espera bastantes pacientes.


A situación provocou no facultativo un cadro de sintomatología vexetativa como sudoración, opresión torácica e malestar xeral. Foi asistido polos seus compañeiros, que lle aconsellaron que abandonase a consulta e marchásese á súa casa. Nas horas posteriores o cadro vexetativo reproduciuse no seu domicilio, sendo atendido polo servizo de Urxencias e posteriormente evacuado a un hospital, onde se lle dignosticou infarto de miocardio, feito que provocou a súa baixa laboral.

Os médicos que testificaron no xuízo explicaron que o "programa informático non ía ben", o que provocaba que os pacientes se impacientaran polo atraso na atención sanitaria; un dos facultativos comentou que os enfermos chamaban constantemente á porta da consulta e, mesmo, abríana interrompendo a exploración realizada a outro paciente

O maxistrado, indica no fallo que "o facultativo sufriu durante o seu horario laboral e dentro do seu lugar de traballo unha sintomatoloxía premonitoria de infarto, motivo polo que non puido terminar de pasar consulta",  quedando acreditado "o nexo causal entre a lesión producida e o lugar de traballo". A sentenza lembra o artigo 115 do Texto Refundido da Lei Xeral de Seguridade Social: "Salvo proba en contra, son constitutivos de accidente de traballo as lesións que sufra o traballador durante o tempo e lugar de traballo".

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS