Financiado por:
/ Portada / Delegados

Indemnizan con 510.000 euros un traballador por un accidente laboral

25-01-2013 - ACCIDENTE LABORAL

O 9 de marzo de 2009 o traballador sufriu un accidente laboral cando traballaba nunhas obras de urbanización. Foi atrapado por unha máquina, o que lle produciu lesións de gravidade. Case catro anos despois obtivo unha resolución xudicial ao seu favor, segundo a cal deberá ser indemnizado con máis de 510.000 euros polo encargado da obra, quen conducía o vehículo, con responsabilidade civil da empresa construtora.

A Sección Terceira da Audiencia Provincial, con sede en Mérida, ratificou a sentenza emitida polo Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 da cidade, que estimou as pretensións do traballador accidentado. O primeiro fallo tivo lugar o pasado 9 de outubro, e o recurso presentado polo encargado e a construtora foi emitido o 5 de decembro. Contra esta resolución xa non cabe recurso ordinario.

Os feitos tiveron lugar poucos meses despois de que comezasen os traballos de urbanización de Novos Bodegóns. Tal como recolle a sentenza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución, sobre as 13.30 horas do 9 de marzo de 2009 o operario foi requirido polo encargado da obra, tamén responsable de seguridade, para que lle axudase a reparar unha peza auxiliar dun bulldozer, máquina empregada en movementos de terras.

O encargado explicou ao traballador como se debía levar a cabo a reparación, consistente en encaixar un bulón (parafuso de gran tamaño) que se saíra. Para iso, había que arrancar a máquina, que podía desprazarse lateralmente. Xusto o que aconteceu ao poñer en marcha o vehículo, que atrapou o operario.

As secuelas do accidente levaron consigo a declaración de incapacidade permanente absoluta.

O xuíz estima a petición da acusación particular, que solicitou unha condena por unha falta de lesións imprudentes co pagamento de 510.000 euros como indemnización. A Fiscalía pediu a absolución.

Tal como se recolle no fallo, tense en conta que o encargado da obra era tamén o responsable de seguridade e o condutor do bulldozer. Tamén sabía que o vehículo podía desprazarse lateralmente, que ao situarse aos mandos non tiña visión do operario e que o motor facía tanto ruído que tampouco podería escoitalo. Malia iso, non contou cunha terceira persoa para auxiliar na operación nin tomou outras precaucións. O resultado, en definitiva, non é fortuíto, senón evitable polo denunciado, sinala o xuíz, quen considera que se trata dun caso de imprudencia leve.

Como o Código Penal establece que toda persoa criminalmente responsable dun delito ou falta o é tamén civilmente, existe a obriga de indemnizar. Para iso, o xuíz aplica o baremo recollido na Lei de responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos a motor. O resultado é 254.000 euros polos días de hospitalización, as secuelas e o prexuízo estético; 176.000 pola incapacidade absoluta (o máximo debido á xuventude do operario, que tiña 40 anos e unha longa vida laboral por diante); e 80.000 por danos morais.

En consecuencia, condena ao encargado a vinte días de multa cunha cota diaria de seis euros por unha falta de lesións por imprudencia leve e a que indemnice o traballador ao pagamento de 510.000 euros, coa responsabilidade civil directa ata 90.000 euros da compañía aseguradora e a responsabilidade subsidiaria da construtora.

En canto ás posibilidades de que o seu defendido poida cobrar a indemnización que lle corresponde, sinala que non haberá dificultades no caso da compañía aseguradora, pero que o resto será máis complicado debido a que a empresa construtora se encontra en concurso de acredores.

 

Fonte: prevention world

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS