Financiado por:
/ Portada / Delegados

Indemnización para un traballador dunha estación de servizo logo de ter sufrido unha agresión no traballo

24-02-2015 - Sentenza

O Tribunal Supremo declarou firme unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria na que se condena a unha estación de servizo a indemnizar con case 171.000 euros a un traballador que foi agredido e atracado por dous encapuchados que accederon á estación dende unha zona que non se atopaba correctamente iluminada. A Sala do Social do Tribunal Supremo non admitiu o recurso interposto pola empresa, á que o traballador lle reclamaba danos e prexuízos por este accidente laboral.

 

O acceso dos atracadores á estación de servizo produciuse dende unha zona que non se atopaba correctamente iluminada. A estación sufrira roubos en ocasións anteriores e malia iso, non contaba con alarma ou vixilante de seguridade e tampouco tiña establecido un sistema de autoservizo polo que, segundo a Sala entendese que o traballador estaba exposto a un alto risco.
O TS considera que a instalación dunha alarma e unha adecuada iluminación da zona pola que se accedeu poderían minorar ou paliar as consecuencias. 
Así pois, "a empresa non só incumpriu as esixencias de seguridade impostas normativamente, senón que ademais non acreditou empregar a precisa dilixencia para evitar o dano xa que non dispuxo as medidas materiais e persoais de seguridade axeitadas e recomendadas no propio plan de prevención". A xuízo do TS, a empresa "non avaliou axeitadamente o potencial risco de atraco, aínda que se produciron con anterioridade varios sucesos semellantes, un deles tan só catro días antes, e a planificación adecuadamente a actividade preventiva".
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS