Financiado por:
/ Portada / Delegados

Indemnización millonaria polos 29 mineiros mortos en Nova Zelandia en 2010

08-07-2013 - ACCIDENTE LABORAL

Segundo o fallo da xuíza do Tribunal do distrito de Greymouth, a mineira está obrigada a pagar as indemnizacións polos traumas causados na traxedia, así como unha multa de 95.460 dólares (595.460 euros) por incumprimento das normas de seguridade.

Un tribunal de Nova Zelandia ordenou Pike River Coal a pagar 2,7 millóns de dólares (2,1 millóns de euros) ás familias dos 29 mortos e a dous superviventes da explosión en 2010 nunha das súas minas de carbón.

Segundo o fallo da xuíza do Tribunal do distrito de Greymouth, a mineira está obrigada a pagar as indemnizacións polos traumas causados na traxedia, así como unha multa de 95.460 dólares (595.460 euros) por incumprimento das normas de seguridade.

"Os testemuños sobre o impacto (da traxedia) nas vítimas son desgarradores", dixo a xuíza, ao explicar que se chega a "sentir, verdadeiramente, a dor colectiva e a entender canto botan de menos aos seus esposos, pais ou fillos".

O 19 de novembro de 2010, unha explosión de gas na mina Pike River deixou atrapados 29 mineiros a uns 2,5 quilómetros de profundidade dentro da galería, que carecía dun acceso alternativo, na localidade de Greymouth (Illa Sur).

Cinco días despois, déuselles por mortos tras unha segunda detonación en Pike River, escenario do segundo maior accidente mineiro da historia de Nova Zelandia.

Soamente sobreviviron Russell Smith e Daniel Rockhouse, os cales a raíz do fallo recibirán, ao igual que os familiares dos 29 mineiros mortos, uns 86.185 dólares (66.722 euros) cada un.

A traxedia de Pike River causou depresión ás vítimas, motivou intentos de suicidio, ansiedade crónica, rupturas matrimoniais, perda de empregos, así como a permanente dor de saber que os corpos aínda seguen enterrados entre os entullos.

"O feito de sacar os cadáveres non rematará co pesadelo, pero dalgún xeito traería un pouco de paz nas súas vidas", acoutou a maxistrada.
A firma legal que defendeu a mineira asegurou que a empresa fixo todo o posible para axudar aos familiares das vítimas e mesmo contribuíu a un fondo duns 782.200 dólares (605.286 euros) para axudalas, segundo a cadea TVNZ da televisión neozelandesa.

A xuíza Farish tamén determinou no seu fallo que a empresa é responsable de nove cargos por violar as normas de saúde e seguridade laboral, unha situación que contribuíu á morte dos seus traballadores.

Á empresa acusóuselle de non medir axeitadamente os niveis de gas metano, de non se asegurar de que teña unha ventilación axeitada, de non revisar os datos xeolóxicos nin adoptar as medidas necesarias para mitigar o risco dunha explosión, informou a canle de televisión TV3.

Segundo a xuíza, a mineira tamén fallou en non adoptar as medidas necesarias en favor da seguridade de Joseph Dunbar, un mozo de 16 anos que foi a vítima máis nova desta traxedia, agregou TV3.

"Os perigos eran ben sabidos e podían previrse, comentou a xuíz ao resaltar que " tiñan moitos indicadores que daban conta de que a mina era insegura e potencialmente a punto de explotar e a pesar del non se puxo atención a estes sinais de advertencia".

Se ben o fallo foi recibido entre aplausos polos familiares dos mineiros falecidos, aínda non está claro se Pike River Coal pagará as indemnizacións xa que se declarou en creba e non impugnou os cargos, segundo TV3.

Durante o proceso xudicial o administrador legal da mineira, PricewaterhouseCoopers, presentou un documento no que indicaba que os fondos da empresa se reducen a 122.226 dólares (94.624 euros), que é o diñeiro que lle queda dos pagamentos do seguro tras o accidente.

Pero a xuíz Farish considerou que a indemnización a poden pagar os accionistas, como a xigante NZ Oil&Gas.

 

Fonte: prevención-world.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS