Financiado por:
/ Portada / Delegados

Incremento dos trastornos de saúde relacionados co traballo

17-06-2016 - saude laboral

Segundo datos presentados polo Concello de Barcelona, a Unidade de Saúde Laboral da Axencia de Saúde Pública de Barcelona rexistrou 531 trastornos de saúde relacionados co traballo nun ano, un 14% máis que no 2014, ano no que foron rexistradon 465. Estos trastornos son notificados nos Centros de Atención Primaria (CAP) e exclúen ás lesións por accidente de traballo e as enfermidades profesionais, que xa se recollen noutros rexistros. Entre os trastornos máis frecuentes están a ansiedade e a depresión, seguidas de problemas musculares ou esqueléticos vinculados a posturas forzadas e repetitivas.

A media de idade dos traballadores/as que sufriron algún trastorno sitúouse nos 43,8 anos, afectando ás mulleres un 64% dos casos; os sectores con máis incidencia foron servizos e comecio.

Os datos amosan un incremento dos factores de risco. Os que afectaron a un maior número de traballadores foron de tipo psicosocial, detectándose nun 55% dos trastornos contabilizados en homes e nun 67% en mulleres; estos riscos responden na súa maior parte á falta de apoio dos superiores, altas esixencias nas tarefas e falta de autonomía.

Analizando os datos, a Axencia de Saúde Pública de Barcelona destaca a incidencia dos trastornos de saúde relacionados co traballo nas persoas traballadoras de idade máis avanzada. Así, no últimos cinco anos (2010-2014) notificáronse 259 casos de trastornos de saúde mental relacionados co traballo de persoas maiores de 54 anos. No 30% dos casos identificáronse condutas hostís características do acoso psicolóxico, afectando nun 64%  a mulleres. Nalgúns dos casos identificouse que as accións hostís ían dirixidas a forzar un despedimento voluntario da traballadora. Destas, o 27% das mulleres eran persoal de servizos e comercio e o 21% persoal administrativo. Polo que se refire aos homes, unha cuarta parte dos casos eran profesionais da ciencia e intelectuais, e o mesmo porcentaxe, profesionais de apoio.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS