Financiado por:
/ Portada / Delegados

Incapacidade permanente para un traballador que sufriu un accidente de tráfico sen estar dado de alta

06-04-2017 - Sentenza

A Sala do Social do Tribunal Supremo, dictamina que a Seguridade Social ten que conceder unha pensión de incapacidade permanente total a un albanel que sufriu un accidente sen estar dado de alta. O accidente de tráfico tivo lugar no espazo de tempo que quedou entre que o traballador cesou de xeito voluntario na empresa (coa intención de continuar a traballar noutra empresa do sector) e o inicio da actividade na outra empresa.

O traballador solicitou ao INSS a incapacidade permanente, demanda recoñecida en parte polo xulgado do social de Palma de Mallorca pero desestimada posteriormente polo Tribunal Superior de Xustiza de Baleares. En defensa do traballador, o letrado volveu interpoñer recurso de casación ante o Supremo que concluíu dando a razón aos demandantes.
No seu auto onde se unifica doutrina, o Alto Tribunal considera que o traballador non tiña vontade de abandonar o mercado laboral senón de continuar nunha nova actividade e por iso pide aplicar "con flexibilidade" os requisitos aos que obriga o INSS para conceder unha pensión por incapacidade permanente (reunir o período mínimo de cotización esixido e acharse de alta na Seguridade Social).
A sentenza subliña que se atenuou dita esixencia "mediante unha interpretación humanizadora que pondera as circunstancias de cada caso concreto co fin de evitar supostos non xustificados de desprotección", e engade, que "resulta manifestamente inxusta e irrazonable a rigorosa aplicación nestas condicións do requisito de estar en alta ou situación asimilada ao traballador que acredita unha longa e continuada traxectoria laboral, e a quen o infortunio situaou na extrema situación de sufrir un accidente de tráfico aos poucos días de deixar o seu último emprego e a escasas datas de incorporarse á nova relación laboral que xa tiña concertada con outra empresa".

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS