Financiado por:
/ Portada / Delegados

I Enquisa sobre o tecnoestrés

25-11-2016 - Psicosocial

Un 34% das persoas que participaron no estudo consideran que o uso excesivo das TIC prodúcelles problemas ou consecuencias negativas como baixo rendemento no estudo ou traballo, tensión elevada, fatiga visual, posturas inadecuadas, discusións de parella, problemas familiares...

O ObservatorioPRL e a Universidade Jaume I realizaron un estudo no que participaron 855 persoas,  55,5% de España e o resto doutros países de América Latina, sobre o uso que se fai das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) e as súas consecuencias psicosociais e en especial sobre o tecnoestrés, referido á tensión específica derivada da introdución e uso de novas tecnoloxías no traballo.

Máis do 97% das persoas que participaron no estudo usa as Tics para a realización do seu traballo e/ou motivos profesionais, un 64% usan as Tics con fins académicos e máis dun 73% fai uso das TIC con fins lúdicos ou de lecer.

As persoas como usuarias desas tecnoloxías, reaccionamos de modo diverso ás mesmas, e esas reaccións ás veces axúdannos a mellorar e progresar, pero outras impídennos un desenvolvemento san derivado do uso da propia tecnoloxía.

Un 34% das persoas que participaron no estudo consideran que o uso excesivo das TIC prodúcelles problemas ou consecuencias negativas como baixo rendemento no estudo ou traballo, tensión elevada, fatiga visual, posturas inadecuadas, discusións de parella, problemas familiares, non saír cos seus amigos, etc.

En relación ao factor psicosocial do contido do traballo, un 27,38% realiza tarefas rutineiras e un 51,58% considera que traballa con moita información e datos. No que respecta aos factores psicosociais de carga e ritmo de traballo, un 31,87% afirma traballar con prazos axustados e un 24,79% traballar contra reloxo. Isto ten especial relevancia se consideramos o grao de implantación e uso no ámbito laboral.

O 65% aseguran estar de acordo, moi de acordo ou absolutamente de acordo en estar tan preocupados por dar resposta ás tecnoloxías de orixe laboral (contestar mails, teléfono…) que esquecen os seus asuntos persoais.

Un 32% asegura que con frecuencia ou sempre, séntese mal se non ten acceso ás TIC (mail, móbil, internet) e un 28 % senten un impulso interno que lles obriga a usar as TIC en calquera momento e lugar.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS