Financiado por:
/ Portada / Delegados

Francia confirma o segudo caso de virus tipo SARS

15-05-2013 - SAÚDE

Francia confirmou o domingo un segundo caso dun novo virus respiratorio mortal relacionado coa síndrome respiratoria aguda severa, ao tempo que as autoridades intensificaron a súa campaña para informar a poboación sobre como evitar a enfermidade e detectar os síntomas.

Unha persoa deu positivo de terse infectado tras compartir cuarto nun hospital co home de 65 anos que contraeu inicialmente o virus.

Debido á deterioración de saúde do segundo paciente, recibe atención na unidade de coidados intensivos, dixo en conferencia de prensa a ministra de Saúde, Marisol Touraine. O primeiro paciente encóntrase "en condición estable aínda que preocupante", engadiu.

Agregou que nos aeroportos franceses se distribuirán entre os viaxeiros folletos con medidas de precaución e os posibles síntomas da enfermidade. A entrega dos materiais dirixirase principalmente aos que visiten a Península Arábica, onde se rexistraron moitos casos do virus, segundo Touraine.

O novo coronavirus matou 18 persoas dende que foi identificado en 2012, de entre máis de 30 casos confirmados que se reportaron dende setembro á Organización Mundial da Saúde. O primeiro paciente francés enfermouse apenas despois de que regresase de vacacións en Dubai.

O paciente inicial en Francia compartiu algúns días a finais de abril un cuarto cun segundo paciente nun hospital en Valenciennes. Agora, ambos os dous reciben tratamento no Hospital de Lila, no norte de Francia. Outros catro posibles casos, todos de persoas que tiveron contacto co paciente inicial, foron falsas alarmas, dixeron as autoridades.

A maioría dos infectados dende a identificación do virus visitaran Qatar, Arabia Saudí, Xordania ou Paquistán. Tamén se rexistraron casos en Gran Bretaña e Alemaña.

O novo coronavirus, que pertence a unha familia de virus que causa o arrefriado ordinario, está relacionado coa síndrome respiratoria aguda severa (SARS), cuxa epidemia en 2003 deixou 800 mortos.

 

Fonte: Associated Press

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS