Financiado por:
/ Portada / Delegados

Fichar ou non fichar é esa a cuestión?

15-10-2014 - PSICOSOCIAL

O control do horario serve para medir o rendemento dun traballador? Por que seguimos traballando como hai 30 anos cando a sociedade era máis industrial? Estas e outras reflexións son as que deben abordar sen máis dilación as organizacións se o que buscan é mellorar o rendemento e a produtividade dos seus empregados. A crenza de que por estar máis horas no posto de traballo se consegue ser máis produtivo perde adeptos. Así o trasladaron os expertos que participaron no VIII Congreso sobre Responsabilidade Social Empresarial celebrado en Vitoria.

Non só limitáronse a trasladar a teoría senón que expoñían experiencias prácticas que obtiveron moi bos resultados. Os seus promotores recomendaban a implantación das súas prácticas aos representantes das empresas interesadas nestes modelos e asegurábanlles que, a racionalización e flexibilización de horarios, é rendible.

Nesa liña transcorreu a intervención de Idoia Irizar, consultora de Xestión e Desenvolvemento de Persoas en LKS, de Mondragon Corporacion que expuxo as pautas a seguir para facer posible a implantación de modelos máis flexibles de organización laboral. A súa compañía foi recoñecida coa certificación de empresa familiarmente responsable outorgado pola Fundación MasFamilia por aliñar os intereses persoais, familiares e profesionais dos seus traballadores. Para logarlo funcionan cun modelo artículado sobre tres piares: a xestión das persoas, o liderado e a comunicación.

E aseguran que o salto cara á flexibilidade tporpicioulles máis benestar, mellora na saúde, no rendemento e na produtividade dos empregados. Tamén apuntan que a empresa debe priorizar a eficiencia sobre a presenza. "O presencialismo no traballo non ten que ser o máis importante porque traballar máis non significa producir máis. Podes estar moitas horas fronte ao ordenador na oficina e non facer nada. Quen lle asegura ao teu xefe que estás a traballar? E podes estar menos horas na túa casa, sen estar sometido a un control horario e sacar o traballo adiante," expón Idoia Irizar.

A partir dese diagnóstico formula adoptar o modelo de flexibilidade ás características e o sector da organización. "Sempre hai que definir o modelo en función da organización. Non hai sistemas estandar que vallan. Ademais, un deseño que non é personalizado propicia que da permisividade horaria se pase á tan temida libertinaxe e á perdida de liderado" apunta a experta.

Os participantes no VIII Congreso sobre Responsabilidade Social Empresarial entenden que estes aspectos sobre a conxugación da vida escolar, familiar e laboral para alcanzar a conciliación ten que formar parte das reivindicacións na negociación colectiva.

Outras das propostas formuladas é que España adopte o uso horario que lle corresponde conforme ao meridiano de Greenwich, que as administracións cumpran co Plan Concilia e que a xornada laboral finalice ás 18.00 horas.

 

Fonte: O Diario

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS