Financiado por:
/ Portada / Delegados

Exposición a químicos e cancro de orixe laboral

27-07-2015 - Hixiene

Un estudo realizado por 174 científicos de 28 países, no que se analizaron os efectos de 85 substancias químicas de uso frecuente, conclúe que un de cada cinco cancros podería estar provocado pola exposición a doses baixas de varias substancias químicas, o que se coñece como efecto cóctel. Así mesmo, nun traballo realizado polas Unidades de Prevención de Riscos Laborais dos Hospitais Universitarios de Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e polas Unidades Docentes de Mediciña do Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e da Comunidade Autónoma de Madrid, verifícase a asociación entre a exposición a determinados axentes químicos no ámbito laboral e o cancro de pel.

En relación ao primeiro estudo referenciado, indicar que entre as substancias que forman parte deste cóctel estarían o bisfenol A, empregado na fabricación de plásticos policarbonatos que a súa vez utilízanse en envases para conservas ou bebidas; os flatos, que aportan flexibilidade aos plásticos, presentes en roupa, calzado ou xoguetes; retardantes de chama que se engaden en numerosos produtos co fin de mellorar a súa resistencia ao lume, etc. Os resultados da investigación, que foron publicados na revista "Carcinogénesis", advirten que substancias químicas que de xeito illado non son consideradas como carcinóxenas, sí poden selo ao combinarse con outras.

Falando concretamente de cancro cutáneo derivado da exposición a certos químicos no medio laboral, atopamos diferencias entre as substancias químicas identificadas como canceríxenos cutáneos na relación de enfermidades profesionais e as que sinala a evidencia cientrífica. No segundo traballo referenciado anteriormente, que realiza unha revisión de químicos presentes no ámbito laboral e a súa relación co cancro cutáneo, os axentes químicos considerados causantes mais referenciados foron os praguicidas 22-25 e complentes derivados do petróleo 26-31, así como os hidrocarburos aromáticos policíclicos (PAHs).

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS