Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Europa recoñece un risco limitado na exposición ao bisfenol A pero non ofrece alternativas ao seu uso

19-03-2015 - Saúde

Na actualidade estase a producir un debate aberto no seo da comunidade científica sobre o nivel de bisfenol A (BPA) ao que está exposta a poboación, e os posibles efectos desta exposicón para a saúde. Se ben e certo que o devandito compoñente podería ter efectos específicos no metabolismo e no aumento de peso, no desenvolvemento das glándulas mamarias e no comportamento e a ansiedade, os resultados das investigacións previas até agora realizadas non resultan concluíntes nin definitivos, o que está a xerar unha importante controversia.

Tal é así que actualmente a Axencia de Seguridade Alimentaria da Unión Europea (EFSA) nega os efectos nocivos da exposición ao bisfenol A (BPA) fronte os resultados dun estudo realizado por Corea do Sul no que se  reflicte unha maior tendencia á hipertensión asociada ao consumo en envases alimentarios fabricados co devandito material.

Por outra banda o independente Comité científico dos riscos sanitarios emerxentes e recentemente identificados, avaliou o risco do BPA en aplicacións de carácter sanitario en relación á exposición a ista substancia a través de dispositivos médicos como catéteres, implantes ou adhesivos e seladores odontolóxicos. As conclusións reflicten que na maioría das aplicacións, o nivel de BPA ao que están expostas as persoas pode considerarse seguro, ao non superarse nestas a inxestión diaria tolerable, xa que estas exposicións soen ser breves e de uso non diario.

Caso a parte son outro tipo de exposicións, como aquelas relacionadas cos coidados intensivos neonatais, atención médica continuada de recén nacidos e pacientes de diálise. Nestes casos a exposición ao BPA supera o valor de referencia, o que pode provocar que o BPA teña efectos negativos.

Así logo e dado que o  Comité recoñece o risco nalgúns casos de atención médica continuada, as preguntas que se plantexan teñen que ver coa posible prohibición do BPA na composición de dispositivos médicos e as posibilidades reais de sustitución este producto por outro sen riscos de toxicidade.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS