Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Estudo sobre o estrés

15-11-2011 - Psicosocial

Investigadores da Universidade de Leicester (Reino Unido) identificaron unha proteína específica xerada polo encéfalo como resposta á tensión. Os seus descubrimentos, publicados na revista Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS), poderían ampliar o coñecemento que se posúe sobre os trastornos psiquiátricos humanos relacionados coa tensión, sobre todo no referente á resposta do encéfalo humano a esta sensación e ao xeito na que soporta o seu impacto. O estudo foi financiado en parte por unha bolsa de excelencia Marie Curie ao amparo do Sétimo Programa Marco (7PM) da Unión Europea.

Científicos do Departamento de Farmacología e Fisiología Celular da Universidade de Leicester investigaron zonas «delgadas» e «semellantes a cogomelos» de células nerviosas do encéfalo que desempeñan unha función básica nos procesos de aprendizaxe e recordo. Segundo os investigadores, as persoas poden modificar os seus recordos para mitigar a tensión que lles producen os de natureza dolorosa.

O descubrimento da produción da proteína encefálica concreta grazas a este estudo expón importantes repercusións, pois podería contribuír a protexer a pacientes contra excesos de ansiedade e axudarlles a soportar acontecementos vitais negativos.

«A tensión diaria reorganiza o encéfalo: as células nerviosas modifican a súa morfoloxía, a cantidade de conexións con outras células e a forma na que se comunican con outras neuronas», explicou o Dr. Robert Pawlak, profesor de Neurociencia da Universidade de Leicester e un dos autores do estudo. «Na maioría dos casos estas respostas son adaptativas e beneficiosas, pois contribúen a que o encéfalo soporte a tensión e articule unha reacción conductual axeitada.»

No entanto, o Dr. Pawlak admite que nunha situación de tensión extrema pódese perder o control da situación. «A capacidade amortiguadora do encéfalo esgótase e as células nerviosas do hipocampo, unha zona do encéfalo responsable da aprendizaxe e a memoria, empezan a deter os seus procesos, non se comunican correctamente con outras células e mostran indicios de enfermidade», engadiu.

«Unha das estratexias máis utilizadas polas células encefálicas cara a superar a tensión consiste en modificar os pequenos procesos que normalmente realizan para intercambiar información con outras neuronas, as espiñas dendríticas.»

As espiñas poden medir apenas unha milésima de milímetro e presentan distintas formas. Os investigadores compararon espiñas longas, o que expertos na materia denominan espiñas «finas», en nenos. Non só son móbiles senón tamén «curiosas». Estas espiñas cambian de forma con frecuencia e desempeñan unha función básica nos procesos de aprendizaxe. Cando as espiñas aprenden, maduran e adoptan unha forma similar a un fungo e xeran conexións estables. Ademais de non cambiar as súas conexións quedan estáticas.

«As espiñas con forma de fungo axúdannos a recordar cousas que algunha vez aprendemos, o que non sempre é positivo», sinalou o Dr. Pawlak. «Algunhas vivencias moi estresantes paga a pena esquecelas con rapidez, pola contra poden crear trastornos de ansiedade. No encéfalo humano prodúcese un tira e afrouxa constante para manter un equilibrio axeitado entre as espiñas delgadas e as de forma de fungo, ou o que é o mesmo, canto recordar e que é mellor esquecer», engadiu.

«Temos identificado unha proteína producida polo encéfalo en resposta á tensión para reducir a cantidade de espiñas con forma de fungo e xa que logo reducir no futuro a ansiedade causada polas vivencias estresantes. A síntese desta proteína, a “lipocaína-2”, non é común máis a súa fabricación aumenta enormemente no hipocampo ante unha situación estresante. Cando se engade ás neuronas dun cultivo do mesmo xeito a como ocorrería durante unha situación estresante, as neuronas empezaron a perder as súas espiñas da memoria, as maduras con forma de fungo. O descubrimento de que a lipocaína-2 é un axente utilizado polo encéfalo para axudarnos a vivir con estrés é un importante avance. Estamos cada vez máis preto de descifrar os mecanismos moleculares de control da tensión que, en caso de non funcionar de forma adecuada, poderían conducir a enfermidades psiquiátricas relacionadas coa tensión.»

Máis dun terzo da poboación humana vese afectada por perturbacións psicolóxicas e mentais relacionadas con este estado nervioso, segundo o equipo de investigación. A partir deste punto determinarán se os mecanismos identificados poden utilizarse para obter información sobre a que apoiar estratexias clínicas coas que tratar a depresión e outros trastornos de ansiedade.

 

Fonte de Datos: cordis.europa.eu

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS