Enfermidade profesional sen recarga de prestacións13-11-2014 - ENFERMIDADE PROFESIONALA sentenza, de novembro de 2013, sobre a enfermidade profesional contraída por unha traballadora do sector de fabricación de mobles, exposta a inhalación de serraduras e de produtos químicos, e a revogación da recarga de prestacións imposta á empresa polo Xulgado de instancia é exemplar no sentido de que delimita de forma moi clara cando se debe aplicar a recarga de prestacións, en función do incumplimento ou omisión do empresario nas súas obrigas respecto a seguridade e saúde dos traballadores. | ![]() |
|---|
En primeiro lugar e o máis importante neste caso, debe terse en conta que a recarga de prestacións non se impón por responsabilidades obxectivas, en virtude das cales abonda o accidente para que exista responsabilidade empresarial, senón que ten carácter sancionador, polo que debe existir culpa ou neglixencia da empresa.
En efecto, para sancionar á empresa resulta necesaria a existencia dun nexo causal entre o resultado lesivo (que non se pon en dúbida) e a infracción cometida, de maneira que a enfermidade causante da lesión debe orixinarse a causa dunha infracción.
"Pois pola contra, se faría de igual condición ao empresario infractor que ao que observa dilixentemente o cumprimento das normas de seguridade, co resultado perverso que é doado imaxinar. "
A sentenza considera que as revisións médicas realizadas pola empresa, periódicas e ao regreso dun longo período de IT, así como os cambios de postos de traballo exoneran a empresa de ter cometido infracción ningunha á LPRL, polo que non existe o nexo causal necesario para esixirlle responsabilidades.
Por iso, exime a empresa de da recarga de prestacións imposta polo INSS e confirmado polo Xulgado de 1ª instancia.
Non se considera relevante que a empresa non efectuase a avaliación de riscos
psicosociais, nin estudos ergonómicos específicos, nin a falta de implantación
do Plan de Autoprotección, xa que non teñen relación coa enfermidade
profesional contraída pola traballadora.
Fonte: aepsal.com