Financiado por:
/ Portada / Delegados

En marcha a elaboración da nova Guía Europea para a identificación dos Disruptores Endocrinos

03-01-2017 - HIXIENE

A European Chemicals Agency, Axencia Europea dos Produtos Químicos (ECHA) e a European Food Safety Authority, Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) están a desenvolver unha guía científica para identificar os disruptores endocrinos que se espere que estea finalizada dentro deste novo ano 2017.

A principios do ano 2016, a Comisión Europea propuxo unha serie de criterios científicos para identificar os disruptores endocrinos no contexto da lexislación da UE sobre praguicidas e biocidas. Os debates cos Estados Membros e os expertos están en curso e se espera que os criterios entren en vigor en 2017.

Unha vez que os criterios entren en vigor, necesitaranse directrices harmonizadas para garantir que os solicitantes e as autoridades da UE poidan aplicalas de forma coherente e sen demora.

A EFSA e a ECHA apoiadas polo Centro Común de Investigación da Comisión, elaborarán un esbozo das orientacións que se publicarán e proporcionarán información sobre os procesos de redacción e aprobación.

Sobre a base do documento preliminar, prepararase un proxecto de documento de orientación durante o primeiro semestre de 2017 e poñerase a disposición para consulta pública. Espérase que a guía estea finalizada antes de que termine este ano 2017.

Un interesante complemento a esta información pode ser a Guía sobre disruptores endocrinos publicada por ETUI (European Trade Union Institute ) e da que achegamos o seu texto completo: "Endocrine disruptors: an occupational risk in need of recognition"

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS