Financiado por:
/ Portada / Delegados

En Navarra entre 2008 e 2012, un total de 841 casos de cancro poderían relacionarse coa actividade laboral

03-05-2018 - SAÚDE LABORAL

O Instituto de Saúde Pública e Laboral de Navarra (ISPLN) estima que no período 2008-2012 rexistráronse na Comunidade Foral un total de 841 casos de cancro de posible orixe laboral. Deles, 286 foron relativos a cancro de pel (non melanoma), 265 a cancro de pulmón, 60 a mesotelioma, 40 a carcinoma de vexiga e 10 a cancro de seos paranasais.

A pesares destas cifras, nese mesmo período tan só se declararon sete casos de cancros como enfermidades profesionais no Rexistro oficial correspondente, denominado CEPROSS (dous  mesoteliomas, dous cancro de pulmón, dous de seos  paranasais e outro de cavidade nasal).

A directora xerente do Instituto de Saúde Pública e Laboral de Navarra, María José Pérez  Jarauta, deu a coñecer estes datos durante a inauguración da xornada “Desvelando o cancro laboral”, dirixida a persoal técnico e sanitario dos Servizos de Prevención, profesionais sanitarios do Servizo Navarro de Saúde, mutuas, representantes sindicais e de organizacións empresariais.

Na súa intervención, Pérez Jarauta incidiu en que "a información que se dispón sobre a exposición a canceríxenos nos lugares de traballo por parte das Administracións Públicas é insuficiente, e que é preciso avanzar no seu coñecemento".

Estas xornadas realízanse en consonancia co Programa de Mellora da Xestión dos riscos hixiénicos, enmarcado no Plan de Acción 2017-2019 de Saúde Laboral de Navarra. Este programa recolle entre as súas principais accións: a abordaxe da subdeclaración das enfermidades derivadas da exposición a axentes químicos; a creación dun rexistro de traballadores/as expostos/as a axentes  canceríxenos ou  mutáxenos; a aplicación de métodos específicos de avaliación dos riscos hixiénicos e o impulso da substitución de axentes  canceríxenos,  mutáxenos e tóxicos para a reprodución (CMR), que tanto se utilizan como se xeran nos procesos produtivos.

A Axencia Europea estima que o cancro é a principal causa de morte relacionada co traballo na Unión Europea (UE). O Marco estratéxico da UE en materia de saúde e seguridade no traballo 2014-2020 pon de relevo a importancia que reviste a protección dos/as traballadores/as contra a exposición aos  carcinóxenos, os mutáxenos e as substancias tóxicas para a reprodución.

Fonte: ISPLN

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS