Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo

28-04-2011 - 28 de abril

O día 28 de abril celébrase o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo. Nesta data, adoptada pola OIT no ano 2003, reivindicase a implantación da cultura preventiva en tódolos sectores da sociedade . No ano 2011, o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo ten como lema: “O sistema de xestión da Seguridade e Saúde no Traballo (SST): unha ferramenta para a mellora continua”.

 

O certo é que mentras se está a teorizar sobre a saúde laboral, con propostas que por novidosas que parezan deberían estar xa implantadas, a realidade enfoca o tema de xeito ben distinto: a situación actual de crise non é en absoluto favorable a que existan avances en materia de seguridade e saúde laboral.

Seguimos a sufrir un número importante de accidentes laborais  e a falta de seguimento de moitos casos de enfermedade profesional que son tratados como enfermidade común. E por se fose pouco, a precarización do mercado laboral ten, entre outras consecuencias, que os traballadores e traballadoras non collan baixas por medo a ser despedidos, co conseguinte deterioro da súa saúde.

Así pois,  é preciso seguir librando a batalla da mellora das condicións de traballo para tódolos traballadores e traballadoras galegos.

Neste 28 de abril de 2011, dende o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG, seguiremos reivindicando aspectos básicos para a saúde dos traballadores e traballadoras como a “Historia clínico-laboral única” , implantación dos protocolos de detección de enfermedades profesionais na atención primaria ou o rexistro de tódalas enfermedades profesionais  por parte das mutuas a través do sistema CEPROSS.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS