Financiado por:
/ Portada / Delegados

Dous xefes son condenados polo accidente laboral dun traballador

20-11-2012 - ACCIDENTE LABORAL

O encargado xeral do taller dunha empresa situada no polígono industrial de Sabón e o xefe dun equipo de traballo do que formaba parte un empregado que sufriu un accidente laboral foron condenados a pagar unha multa de 180 euros por cometer unha falta de lesións imprudentes.

Os feitos, segundo relata na sentenza o maxistrado do Xulgado do Penal número 1, sucederon sobre as 14.15 horas do 28 de novembro de 2007.

A vítima, que traballaba na compañía dende xullo de 1989, encontrábase na nave da empresa, situada en Arteixo, repasando unha peza sobre unha estada.

Cando o afectado levaba unha hora realizando a tarefa que lle fora encomendada, cedeu o taboleiro e precipitouse dende unha altura de 1,5 metros.

Como consecuencia do accidente, o prexudicado precisou ser atendido no servizo de urxencias do complexo hospitalario Universitario da Coruña.

A vítima tardou en sandar das feridas 134 días, 124 dos cales estivo incapacitado para realizar as súas tarefas habituais e dez, hospitalizado. Como secuelas quedáronlle cicatrices no antebrazo e unha parálise no boneco esquerdo.

 

Fonte: laopinioncoruña.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS