Financiado por:
/ Portada / Delegados

Dous de cada tres enfermidades profesionais son atendidas na rede santitaria pública

03-03-2020 - Congreso de Medicina e Enfermería do Traballo 2020

Ata dous de cada tres enfermidades profesionais son atendidas nos centros de saúde e hospitais da rede pública, segundo detallou a vicepresidenta da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG), no XI Congreso Español de Medicina e Enfermería do Traballo 2020, celebrado en febreiro.

A enfermidade profesional é calquera patoloxía contraída principalmente como resultado dunha exposición aos factores de risco que se derivan da actividade laboral.

No que respecta a as enfermidades relacionadas co traballo, teñen múltiples causas, nas que os factores da contorna de traballo poden desempeñar un papel, xunto con outros factores de risco no desenvolvemento de enfermidades.

A vicepresidenta de SEMG informou de que as competencias «tradicionais» dos profesionais da Atención Primaria, en relación coa saúde destes pacientes, son, por unha banda, atender lesións por accidente de traballo e enfermidade profesional dos traballadores/as cuxas empresas optan pola Seguridade Social. Ademais, engadiu que «os médicos de Familia ven a aqueles traballadores/as que non teñen aseguradas as continxencias laborais, como é o caso dos empregados do fogar e doutros que, lamentablemente, traballan sen contrato. Tamén chegan ás consultas de Atención Primaria as patoloxías de orixe laboral que escapan do sistema asistencial competente».

A vicepresidenta da SEMG expuxo como retos e melloras a necesidade de «axuntar esforzos por unha maior coordinación e traballo conxunto entre todas as especialidades implicadas». Neste sentido, aposta por «fomentar o desenvolvemento de máis guías para unha abordaxe multidisciplinar, non só en cancro e risco cardiovascular, e por dispoñer dun sistema para detectar precozmente enfermidades relacionadas co traballo, o que supoñerá un aforro de custos ao sistema, ademais duns beneficios ao traballador/a en caso de incapacidade temporal».

Así mesmo, cre que é preciso expor modelos de historias clínicas similares, tanto en paciente san que tamén acode a revisións a Atención Primaria e é traballador/a, como en pacientes que presentaron unha enfermidade e reincorpóranse á vida laboral.

Fonte: Redacción Médica e Acta Sanitaria

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS