Financiado por:
/ Portada / Delegados

Documento temático sobre COVID-19 e os principios e dereitos fundamentais no traballo (OIT)

10-11-2020 - OIT

Para os millóns de traballadores/as que xa se atopan en situacións de vulnerabilidade, a crise do COVID-19 pode ter consecuencias devastadoras: os seus dereitos fundamentais no traballo están ameazados, empuxándoos a eles e ás súas familias cara a unha maior inseguridade. Por tanto, salvagardar e ampliar os principios e dereitos fundamentais no traballo será fundamental para o éxito das respostas tanto inmediatas como a longo prazo á crise no mundo do traballo.

Neste momento de crise, salvagardar os catro principios e dereitos fundamentais no traballo - a liberdade de organizarse e negociar colectivamente, e a ausencia de traballo forzoso, traballo infantil e discriminación no emprego e a ocupación - é máis importante que nunca.

Estes dereitos non só corren un maior risco por mor da crise, senón que tamén constitúen a base para reconstruír un mundo do traballo mellor e máis xusto despois desta.

Os dereitos humanos universais e  inalienables en si mesmos e por si mesmos, son tamén facilitadores esenciais do traballo decente e a xustiza social. Son o punto de partida dun círculo virtuoso de diálogo social eficaz, mellores ingresos e condicións para traballadores/as e empregadores/as e formalización da economía informal.

Ligazón ao documento temático sobre COVID-19 e os principios e dereitos fundamentais no traballo: "Issue paper on COVID-19 and fundamental principles and rights at work"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS