Financiado por:
/ Portada / Delegados

Detidos os compañeiros de brigada dun traballador falecido en accidente laboral

17-03-2015 - Accidente laboral

O pasado 1 de febreiro o electricista falecido reparaba unha avaría nun poste eléctrico de media tensión; cando estaba na parte superior do poste, sufriu unha descarga a consecuencias da que caeu dende 14 metros de altura e faleceu. A finais do mes de febreiro, no marco dunha operación denominada “Imprudente”, a Garda Civil procedeu a detención de tres traballadores, compañeiros do falecido, como presuntos autores dun delito de homicidio imprudente, así como de un delito contra o dereito dos traballadores.

Na investigación do accidente se estudiou o funcionamento e distribución das estacións, subestacións e dirección das liñas de tensión na zona, así como os protocolos de traballo da empresa que ten encomendado o mantemento da liña.

Segundo a investigación, o traballador falecido subiu ao poste sen atar o arnés da corda de seguridade e sen que se tivese comprobado a ausencia de tensión nin se tivesen colocado as tomas de terra portátiles na totalidade das fases co fin de crear unha zona de traballo segura. Tendo en conta as funcións que cada un dos membros da brigada tiña encomendadas, a Garda Civil determinou que estos son os supostos autores dun delito de homicidio imprudente así como dun delito contra os dereitos dos traballadores por unha imprudencia grave, por  non evitar que o falecido subise ao poste, sen tomar antes as medidas de seguridade oportunas

As dilixencias instruidas pola Garda Civil, xunto cos detenidos, foron postas a disposición do Xulgado de Instrucción nº 4 de Almería.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS