Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Desaparece a obriga para as persoas traballadoras de presentar partes de baixa, confirmación e alta

31-03-2023 - BOE

A partires de mañá, 1 de abril de 2023, desaparece a obriga para as persoas traballadoras de presentar partes de baixa, confirmación e de alta á empresa, segundo o Real Decreto 1060/2022 de 27 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 625/2014, de 18 de xullo, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días de duración

Os cambios que trae consigo a entrada en vigor deste Real Decreto centránse en tres procedementos:

- Expedición dos partes de baixa, confirmación e alta

- Xestión e control dos procesos de IT

- Tramitación dos partes de baixa, confirmación e alta

Expedición dos partes de baixa, confirmación e alta

Os partes de baixa e confirmación extenderanse en función do período de duración que estime o médico que os emite. Estabelécense catro grupos de procesos:

a) Duración estimada inferior a 5 días naturais; o facultativo do Sistema Público de Saúde, empresa colaboradora ou mutua emite o parte de baixa e alta no mesmo documento; a data de alta poderá ser a mesma que o data da baixa ou calquera dos tres días naturais seguintes a esta. A persoa traballadora poderá solicitar que se realice un recoñecemento o día que está fixado como data de alta, puidendo o facultativo emitir  parte de confirmación da baixa en caso de que a persoa traballadora non teña recuperada a capacidade laboral.

b) Duración estimada entre 5 e 30 días nauturais; o facultativo emite o parte de baixa consignado no mesmo a data de revisión prevista, que non excederá en mais de 7 días dende a data da baixa; na data de revisión, extenderase o parte de alta ou de confirmación da baixa; despois deste primeiro parte de confirmación, en caso de ser necesario emitir algún mais, non poderán emitirse con unha diferencia de máis de 14 días naturais entre sí.

c) Duración estimada entre 31 e 60 días naturais; o facultativo emite o parte de baixa consignado no mesmo a data de revisión prevista, que non excederá en mais de 7 días dende a data da baixa; na data de revisión, extenderase o parte de alta ou de confirmación da baixa; despois deste primeiro parte de confirmación, en caso de ser necesario emitir algún mais, non poderán emitirse con unha diferencia de máis de 28 días naturais entre sí.

d) Duración estimada de 61 días naturais ou máis; o facultativo emite o parte de baixa consignado no mesmo a data de revisión prevista, que non excederá en mais de 14 días dende a data da baixa; na data de revisión, extenderase o parte de alta ou de confirmación da baixa; despois deste primeiro parte de confirmación, en caso de ser necesario emitir algún mais, non poderán emitirse con unha diferencia de máis de 35 días naturais entre sí.

En calquera destos procesos o facultativo do Servizo Público de Saúde, da empresa colaboradora ou da mutua, poderá fixar a correspondente revisión médica nun período inferior ao indicado en cada caso

Xestión e control dos procesos de IT

Aínda que se trate dun proceso de Incapacidade Temporal por continxencias común, a mutua ten a posibilidade de intervir tanto a nivel asistencial como de seguimento; así, pode realizar unha proposta de alta médica á Inspección Médica do Servizo Público de Saúde. Se a proposta non se resolve no prazo de 5 días, a mutua pode solicitar a alta ao Instituto Nacional da Seguridade Social, INSS, ou ao Instituto Social da Marina, ISM, segundo o caso, que deberá resolver dentro dos catro días seguintes á recepción.

O INSS/ISM realizarán o seguimento do novo procedemento de xestión e control dos procesos de incapacidade temporal, así como do grao de motivación clínica das propostas de alta das mutuas e de resposta da Inspección Médica dos Servizos Públicos de Saúde o do Instituto de Xestión Sanitaria e do grao de cumprimento dos prazos das distintas entidades no referente ás propostas de alta. No caso de detectar retrasos significativos, o ISSN/ISM proporá medidas adicionais que seguren que o procedemento se desenvolve co necesario grao de celeridade.

Tramitación dos partes médicos de baixa, confirmación e alta

  1. O médico que expide o parte de baixa, confirmación ou alta, entregará á persoa traballadora unha copia. O Servizo Público de Saúde, empresa colaboradora ou mutua remitrá os datos contidos nos partes ao INSS vía telemática de forma inmediata, en todo caso no primero día hábil seguinte ao da expedición.
  2. O INSS comunicará ás empresas os datos identificativos dos partes de baixa, confirmación e alta emitidos polos facultativos do Servizo Público de Saúde, empresa colaboradora ou mutua  referidos ás persoas traballadoras, como máximo no primeiro día hábil ao da súa recepción. As empresas teñen a obriga de remitir o través do sistema de Remisión Electrónica de Datos (RED), con prazo máximo de tres días hábiles contados dende a recepción da comunicación de baixa médica, os datos que se determinen.
  3. O ONSS xestionará os partes médicos e os datos comunicados polas empresas, e os distribuirá de xeito inmediato, en todo caso no primeiro día hábil dende a recepción, á entidade á que corresponda a xestión da prestación.
  4. No caso de que o parte médico de alta sexa expedido pola Inspeción Médica do INSS/ISM, se trasladarán os datos contidos no parte de forma inmediata, en todo caso no primeiro día hábil seguinte ao de expedición, ao Servizo Público de Saúde ou mutua, a fin de que dicte acordo declarando extinguido o dereito por causa da alta e notifique o acordo á empresa, como máximo no primeiro día hábil seguinte ao da expedición. A Inspección médica entregará copia do parte á persoa traballadora e indicará a obriga de incorporarse ao traballo ao día seguinte ao da expedición.
  5. Cando nun proceso de incapacidade temporal se expedirá un parte médico de alta a través da Inspeción Médica do INSS/ISM, durante os 180 días naturais seguintes á data de alta, serán estas as únicas entidades competentes, a través dos seu persoal médico, para emitir nova baixa pola mesma ou similar patoloxía.

Desaparece a obriga do traballador de informar directamente á empresa sobre o seu proceso de baixa, mediante a presentación de partes de baixa, confirmación e alta.

Ligazón ao Real Decreto 1060/2022, do 27 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 625/2014, do 18 de xullo, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración.

Ligazón á Orde ISM/2/2023, do 11 de xaneiro, pola que se modifica a Orde ESS/1187/2015, do 15 de xuño, pola que se desenvolve o Real Decreto 625/2014, do 18 de xullo, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración. Corrección de erros da Orde ISM/2/2023, do 11 de xaneiro. BOE 28/01/2023

Ligazón á Orde ESS/1187/2015, do 15 de xuño, pola que se desenvolve o Real Decreto 625/2014, do 18 de xullo, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración.

Ligazón ao Real Decreto 625/2014, do 18 de xullo, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración.

 

Ligazón ao diagrama “Se estás en situación de baixa ou recibes a alta médica” na nosa páxina web

Ligazón ao “Prontuario de actuación ante as decisións das mutuas"

Ligazón ao diagrama “Se estás enfermo ou tiveches un accidente e non podes traballar”

Ligazón á sección “Que facer se…” da nosa páxina web

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS