Financiado por:
/ Portada / Delegados

Dende a Fundación Adecco, advírtese que o envellecemento da poboación no Estado implica necesariamente que se terá que apostar polos/as traballadores/as maiores

03-11-2016 - SAÚDE LABORAL

O Estado español está cada vez máis envellecido en gran medida consecuencia dos maiores índices de lonxevidade, que alcanzou neste ano 2016 un novo máximo histórico do 116%, ou o que é o mesmo, neste momento contabilízanse 116 maiores de 64 anos por cada 100 menores de 16.

Así é, dende o ano 2000 o Estado español está envellecido, contando con máis persoas maiores que mozas. O aumento da esperanza de vida e a diminución da taxa de natalidade son os principais causantes desta realidade.

Para o ano 2030 calcúlase que os maiores de 65 supoñerán o 30% da totalidade da poboación, fronte ao 18% que supoñen actualmente. Así as cousas, cando empecen a xubilarse en masa a xeneración do babyboom nada entre 1958 e 1977, serán moitos menos traballadores/as os que contribúan a soportar o custo das pensións.

Na actualidade a relación cotizante-pensionista é de 2´2, considerándose unha ecuación sustentable pola cotización dos/as traballadores/as en activo a partir de 2´5 contribuíntes por cada xubilado/a. Se continúa esta tendencia, para 2052 estímase que por cada persoa inactiva haberá pouco máis dunha persoa traballando, o que poñería en perigo a sustentabilidade do sistema da Seguridade Social tal e como está concebido.

Para Adecco ante esta realidade, faise necesario tomar medidas que freen os efectos deste envellecemento imparable: alcanzar grandes acordos, adicar unha maior porcentaxe do PIB á familia, impulsar políticas activas contra a discriminación por razóns de idade, sensibilizar ao tecido empresarial para que aposte pola forza laboral senior, e empoderar aos demandantes de emprego de máis idade para que adquiran ferramentas crave que lles permitan competir no mercado do século XXI.

Neste contexto de envellecemento poboacional, a Fundación Adecco pon de relevo a necesidade de apostar pola forza laboral que, ata o momento, sufriu máis discriminación no seu acceso ao emprego, principalmente os maiores de 45 anos que experimentan exclusión laboral como consecuencia da súa idade O reto é convencer ás empresas de que recuperar aos traballadores/as de maior idade é unha vantaxe competitiva.

Non se pode seguir no paradigma de discriminación laboral dos/as traballadores/as maiores de 45 anos. Débese considerar que estes traballadores/as están no ecuador da súa vida profesional, e que contan con valores e capacidades que lles fan altamente competitivos en termos de experiencia, madurez profesional ou control e estabilidade emocional.

Segundo Adecco existen outros sectores da poboación que van resultar crave para que a economía sexa sustentable: As persoas con discapacidade e as mulleres con responsabilidades familiares non compartidas.

As primeiras rexistran unha taxa de actividade de apenas o 36%, o que significa que un 64% das que teñen idade laboral non ten emprego nin o buscan. As mulleres, pola súa banda, continúan cunha participación no mercado inferior á dos homes, cunha taxa de actividade da 53% fronte ao 65% masculino.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS