Financiado por:
/ Portada / Delegados

De que te pode contaxiar a empresa na que traballas?

23-05-2014 - SAÚDE LABORAL

O estrés, a dependencia das novas tecnoloxías e os problemas musculares son as principais causas de absentismo no actual mercado laboral. Un bo sistema de xestión do desempeño pode evitalos.

Dores de cabeza, problemas de costas, falta de concentración e trastornos psicosociais son algunhas das patoloxías asociadas ás novas maneiras de traballar, o medo a quedar sen emprego e o uso abusivo das novas tecnoloxías.

Aínda que é certo que as molestías osteomusculares continúan á cabeza das enfermidades relacionadas coa vida laboral, os problemas psiquiátricos están a gañar forza. Segundo Antonio Iniesta, presidente da Asociación Española de Especialistas en Medicina do Traballo (AEEMT), "o primeiro grupo aumentará polo envellecemento da poboación laboral española, e a patoloxía psiquiátrica conforma un caixón de xastre onde sobresaen por frecuencia os trastornos adaptativos e a ansiedade reactiva".

E para mostra, as cifras. Xavier Bareza, director do máster universitario en prevención de riscos laborais da Universitat Oberta de Catalunya (UOC), asegura que, a pesar de que "aproximadamente o 45% das baixas son por causas musculares, sorprende o aumento das patoloxías mentais, que xa representan o 15% das causas de absentismo".

O abuso das novas tecnoloxías provocan xornadas eternas que afectan ao descanso.

O impacto das novas tecnoloxías está a provocar tecnodependecia, tecnoestrés e tecnoadicción. Josep Ginesta, responsable da área laboral e de capital humano de Ribe Salat Consulting, advirte do uso abusivo que algúns profesionais fan dos dispositivos que nos manteñen conectados á oficina. "Esta obsesión dá lugar ao aumento da síndrome do traballador queimado", alerta Ginesta quen, ademais, avisa de que poden orixinar xornadas eternas, o que resta horas de descanso aos profesionais.

Ginesta non é o único en poñer o foco de atención sobre as TIC. Simon Dolan, profesor de Esade, tamén considera que, aínda que as novas tecnoloxías chegaron para axudarnos, algunhas empresas as utilizan como un xeito de controlar os seus traballadores: "Hai máis presión coa tecnoloxía. Ademais, os empregados saben que o traballo escasea e se senten obrigados a estar sempre atentos. Cando non podemos separar as responsabilidades laborais do descanso xorden moitos problemas". Pero Dolan considera que a responsabilidade última é do profesional que debe ser consciente deste enganche.

Javier Merino, director en España de Recursos Humanos e comunicación de Bull, recomenda "un bo sistema de xestión do desempeño ligado a resultados e non a horas para solucionar os males dos traballadores do século XXI". A eficiencia non debe estar suxeita a horario.

A falta de oportunidades tamén enferma

Aínda que a definición de saúde laboral require ter emprego, o certo é que estar fóra do mercado comporta un risco psicosocial. Frustración, depresión e falta de autoestima son algunhas das patoloxías que sofren os que se encontran en situación de desemprego.

Simon Dolan, profesor de Esade, considera que moitos dos problemas psicolóxicos asociados ao paro se producen pola desilusión que xera non saber buscar un novo emprego. Cando alguén se encontra ante este dilema debe pedir axuda. Os psicólogos saben que a depresión aparece cando nos sentimos vítimas, cando cremos que non temos control sobre a nosa vida,".

Normalmente son os profesionais que se ven na rúa tras décadas traballando para a mesma empresa os que o sofren. Así o cree Xavier Baraza, director do máster universitario en prevención de riscos laborais da Universitat Oberta de Catalunya (UOC), quen apunta tamén a outro colectivo como de risco: a xeración perdida, os mozos de pouco máis de trinta anos que deixaron os estudos para traballar na construción e agora se ven obrigados a reciclarse.

Poñerse límites tampouco facilita o labor de encontrar un novo posto e pode orixinar reveses cando esa persoa debe rebaixar as súas aspiracións.
Os maiores de 45 anos que descobren a dificultade para recolocarse poden sufrir tamén esta frustración. Acudir a profesionais que te axuden nesta tarefa e ampliar o raio de busca poden ser de grande axuda.

 

Fonte: expansión.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS