Financiado por:
/ Portada / Delegados

Das 6.000 substancias canceríxenas, mutáxenas ou tóxicas para a reprodución que circulan no mercado europeo, só 1.169 foron rexistradas no REACH.

03-03-2015 - Hixiene

Segundo os datos presentados polos fabricantes á Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos (ECHA), 5.675 substancias clasificadas como carcinóxenos, mutáxenas ou tóxicas para a reprodución (CMR) están a circular no mercado europeo, das cales só 1.169 foron rexistradas no REACH. O informe de BOTA de data 19 de xaneiro de 2015 comparou os datos proporcionados polos fabricantes na notificación da clasificación e etiquetaxe de substancias perigosas no CLP cos rexistros introducidos en virtude do REACH, tendo como resultado esa diferencia de rexistros.

Isto acontece porque o REACH en contra da posición dos sindicatos, non establece ningún requisito de rexistro para os produtos CMR producidos en Europa ou importados en cantidades non superiores a unha tonelada.

Por outra banda, na UE a comunicación de información sobre os riscos que se produce a través das etiquetas dos produtos e as follas de datos de seguridade, baséase no Regulamento sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de substancias e mesturas (CLP), sendo as industrias as responsables da clasificación e etiquetaxe das subtancias que comercializan en función das normas definidas no Regulamento CLP, podendo variar polo tanto a clasificación e a etiquetaxe da mesma substancia de un producto a outro.

Non obstante, para algunhas substancias definiuse unha clasificación harmonizada a nivel europeo, estando os fabricantes obrigados seguila. Estas substancias están enumeradas no anexo VI do Regulamento CLP, que actualmente conta con varios miles de substancias, das cales 1400 das mesmas e 23 grupos son CMR.

Aínda que a gran maioría de declarantes clasificaron as substancias CMR que figuran no anexo VI do Regulamento CLP de acordo co mesmo, o informe identifica máis de 4.000 substancias CMR notificadas polos fabricantes como tais e que circulan polo mercado europeo, que non foron rexistradas baixo o procedemento de rexistro do REACH que, sí esixe aos fabricantes unha información exhaustiva e detallada para controlar os riscos asociados a istas substancias perigosas

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS