Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Día Mundial contra o Cancro 2023: unha oportunidade para abordar o cancro relacionado co traballo

03-02-2023 - EU-OSHA

O Día Mundial contra o Cancro, que se celebra anualmente o 4 de febreiro, convídanos a ser conscientes e tomar medidas para lograr un mundo menos lastrado polo cancro. A EU-OSHA mantén un serio compromiso na loita contra o cancro, a primeira causa de mortes relacionadas co traballo na UE

Como parte deste empeño, este mes finaliza o traballo de campo da Enquisa sobre a exposición dos traballadores/as realizada pola EU-OSHA que servirá para determinar os factores de risco de cancro no traballo, e cuxos primeiros resultados anunciaranse a finais de ano. A enquisa pretende achegar información para mellorar a protección fronte a substancias perigosas e podería contribuír a que se actualice a lexislación da UE.

Folla informativa: Carcinóxenos no lugar de traballo

Esta folla informativa, desenvolta conxuntamente por todos os socios da folla de roteiro sobre carcinóxenos, ofrece asesoramento práctico conciso sobre como evitar os riscos derivados dos carcinóxenos no lugar de traballo. Deseñado como documento de consulta rápida para uso diario, empeza por definir os carcinóxenos ocupacionais e expoñer os riscos que presentan.

Ademais, cobre os requisitos legais específicos, como a avaliación de riscos, a xerarquía das medidas de prevención aplicadas aos carcinóxenos e os límites de exposición ocupacional. Tamén proporciona información sobre medidas de mantemento e incidentes e sobre como recoñecer aos traballadores e traballadoras particularmente en risco.

Ligazón á folla informativa da EU-OSHA sobre carcinógenos no lugar de traballo

Ligazón ás fichas informativas multilingües sobre substancias e procesos canceríxenos, publicadas no marco da Folla de roteiro sobre carcinóxenos, unha iniciativa que a EU-OSHA apoia activamente.

Obteña máis información sobre o Día Mundial contra o Cancro e todas as actividades da campaña por uns coidados máis xustos na atención oncolóxica.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS