Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Coordinador de seguridade e técnico de prevención de contrata condenados tras un accidente

18-11-2014 - ACCIDENTE LABORAL

O coordinador de seguridade dunha papeleira de Hernani e unha técnico de prevención de riscos laborais dunha contrata encargada de limpar as instalacións da papeleira foron condenados a sete meses de cárcere por un accidente laboral no que dous operarios resultaron feridos graves.

Segundo a sentenza do caso os feitos sucederon o 28 de agosto de 2007, cando os traballadores, contratados temporais, accederon a un tanque da papeleira para retirar con ferramentas manuais os residuos do interior, onde habitualmente se almacenaba un líquido do tratamento da madeira que logo se aproveitaba como combustible das caldeiras de vapor.

Estes labores desenvolvéronse aproveitando que "o proceso produtivo se encontraba parado debido ao período vacacional", a pesar do cal nas proximidades do tanque "se puxo en marcha unha caldeira auxiliar" que alimentaba a rede de subministración de vapor de auga". Unhas catro horas máis tarde, "produciuse unha entrada súbita de auga quente e residuos" "no interior do tanque", que se encontraba "interconectado" coa caldeira e que alcanzou ambos os dous traballadores". A raíz deste incidente, un dos empregados sufriu queimaduras de segundo e terceiro grao no 30% do seu corpo que lle afectaron á cara, a cabeza, o colo, as costas, as extremidades superiores, os nocellos e as córneas. O seu compañeiro resultou con queimaduras na rexión facial, a cara anterior do tronco e as extremidades superiores, artrite postraumática no xeonllo dereito, unha contusión no ombro dereito e queratite en ambos os dous ollos, dos que tardou en recobrarse sete días, seis deles impeditivos para os seus quefaceres habituais.

A sentenza concreta que o accidente se produciu porque se achaban abertas as válvulas das condución que vertían ao tanque, cando deberían ter estado totalmente pechadas e encravadas", como recollía "expresamente" o regulamento de seguridade da papeleira. A resolución constata así mesmo outras "importantes deficiencias" en materia de seguridade durante o desenvolvemento dos traballos de limpeza, como: unha "deficiente coordinación" de actividades entre ambas as dúas empresas; falta dun "procedemento de traballo", carencia de "formación específica" das vítimas "sobre o traballo en espazos confinados" e ausencia de "avaliación do risco", entre outros aspectos. O escrito indica que a "inobservancia" destes requisitos "puxo en grave perigo a integridade dos traballadores que se materializou no accidente".

Durante o xuízo por estes feitos -que se celebrou a pesar de que os prexudicados renunciaron ao exercicio das accións que lles correspondían, ao ter sido "indemnizados á súa enteira satisfacción"- os dous acusados mostráronse conformes coas penas solicitadas pola Fiscalía. Por este motivo foron condenados agora a sete meses de prisión como responsables dun delito contra os dereitos dos traballadores e outro de lesións imprudentes co atenuante de dilacións indebidas no proceso xudicial. Non obstante a sentenza substitúe as penas privativas de liberdade por senllas multas de 2.520 euros.

 

Fonte: coordinaciónempresarial.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS