Financiado por:
/ Portada / Delegados

Contaminación e carcinóxenos laborais entran na Estratexia española do cancro

26-03-2020 - Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social

A Estratexia, que leva 10 anos sen renovarse, retomouse a finais de 2018 coa idea de incluír na mesma os importantes avances diagnósticos e terapéuticos que tiveron lugar na última década. A nova estratexia incluirá “a contaminación ambiental, a exposición solar e os carcinóxenos laborais como factores sobre os que actuar”.

Segundo indica o coordinador da renovación da estratexia, o traballo “está en fase de avaliación dos obxectivos para o período dos catro anos próximos”; No marco dos traballos de actualización mantivéronse dúas reunións cos representantes das comunidades autónomas, sociedades científicas e organizacións de pacientes.

Está previsto que despois da última reunión que terá lugar na primavera “para pechar esta etapa”, poidan presentarse os obxectivos da renovada Estratexia no seo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Achégase a versión vixente da Estratexia, publicada en 2010.

 

Fonte: Redacción Médica

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS