Financiado por:
/ Portada / Delegados

Considerase accidente no traballo a agravación dunha lesión laboral

30-08-2013 - Accidente laboral

É accidente laboral toda agravación de enfermidade preexistente por causa de lesión no traballo, segundo establece unha sentenza do Tribunal Supremo, de 3 de xullo de 2013. A sentenza recorrida aceptaba que a primeira baixa debeuse a un accidente laboral, pero rexeitaba esa cualificación para a baixa seguinte pola inexistencia dun nexo causal entre a patoloxía causante da baixa e o traballo, nexo que non se podería presumir ao presentarse a doenza fora do centro de traballo e da xornada laboral.

O maxistrado con todo, considera que esta argumentación é rechazable porque non ten en conta as baixas orixinadas por algúns esforzos no centro de traballo. Iso demostra que o traballador non chegou a curar da patoloxía incapacitante, porque recaeu nos mesmos síntomas do principio.

Ao falar de recaída, a sentenza considera que é necesario lembrar a doutrina do Tribunal Supremo sobre as recaídas e a protección a outorgar nelas, sobre todo se se producen durante o seis meses seguintes á primeira baixa.
Así, cita a sentenza de 5 de xullo de 2000 na que se establece que "A Orde de 1967 fala de "enfermidade. Como a norma nada especifica, non hai razón algunha para constreñir o termo á enfermidade común; a imprecisión conduciría inevitablemente á inclusión da enfermidade profesional. E xa nesta dirección, sería un contrasenso excluír os accidentes, laborais ou non laborais, porque o problema é o mesmo".


Como se trata dunha recaída na lesión que provocou a primeira baixa, entende que procede a cualificación de accidente laboral da primeira, máxime por producirse antes do seis meses, o que mostra que se trata do mesmo proceso de incapacidade temporal, segundo o art. 9 da Orde de 13 de outubro de 1967. Os razoamentos sobre a existencia dunha patoloxía preexistente non son acollibles porque os feitos mostran que a patoloxía se agravou a raíz do accidente.
 

Fonte: preventionworld.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS