Financiado por:
/ Portada / Delegados

Considerada como accidente laboral unha parada cardíaca sufrida no traballo unha vez iniciada a xornada laboral e antes de iniciar a prestación efectiva de traballo

12-04-2019 - SENTENZA

O Tribunal Supremo desestima o recurso interposto pola empresa e ratifica a sentenza ditada polo TSX que declarou que constituía un accidente laboral. Na súa sentenza o Tribunal Supremo indica que a sentenza achegada de contraste, ditada o 6 de outubro de 2003 pola Sala Cuarta d Tribunal Supremo, non é comparable, pois nese caso o traballador sentiuse enfermo antes de iniciar a xornada laboral.

O Tribunal Supremo, en sentenza do 22 de xaneiro de 2019, ratificou unha sentenza ditada polo TSX de Madrid na que considera como accidente laboral a parada cardíaca sufrida por unha traballadora despois de almorzar e antes de iniciar a prestación efectiva do seu traballo.

A traballadora, unha vez iniciada a xornada laboral, despois de almorzar e antes de iniciar a prestación efectiva do servizo na contrata que tiña na sede dunha compañía, sentiuse mal e solicitada a intervención do 112 faleceu no traslado ao Hospital, significando a autopsia que a morte foi debida a unha parada cardíaca.

Interposta demanda sobre continxencia profesional, foi desestimada polo Xulgado do Social. A sentenza foi recorrida resolvéndose que ao acaecimiento da parada cardíaca en tempo e lugar de traballo debe aplicarse a presunción que establece o artigo 115.3 da LGSS sen que a mesma poida desvirtuarse pola existencia de risco xenético xa que non constan baixas médicas a partir do diagnóstico de sopro cardíaco o 4-6-2013.

A empresa presenta recurso para a unificación de doutrina e ofrece como sentencia de contraste a ditada o 6 de outubro de 2003 pola Sala Cuarta do Tribunal Supremo.

O Tribunal Supremo desestima o recurso interposto pola empresa e ratifica a sentenza ditada polo TSX que declarou que constituía un accidente laboral. Na súa sentenza o Tribunal Supremo indica que a sentenza achegada de contraste, ditada o 6 de outubro de 2003 pola Sala Cuarta do Tribunal Supremo, non é comparable, pois nese caso o traballador sentiuse enfermo antes de iniciar a xornada laboral.

Ligazón á Sentenza de 22 de xaneiro de 2019 do Tribunal Supremo.

Ligazón á Sentenza de 6 de outubro de 2003 do Tribunal Supremo.

Fonte: prevenciónintegral.com

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS