Financiado por:
/ Portada / Delegados

Confirmada a condea dun ano de prisión para o ex-xerente do OUFF por acoso moral a unha traballadora.

01-10-2015 - Sentenza

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense ven de desestimar o recurso de apelación interposto pola defensa do que foi xerente do Festival de Cine Internacional de Ourense, OUFF, e confirma integramente a Sentenza do Xulgado do penal nº 2, de 27 de marzo de 2015, que o condenou a seis meses de prisión por cada un dos delitos declarados probados: contra a integridade moral (artigo 173.1, parágrafo 2 do C.P.) e de lesións psíquicas (artigo 147.1 C.P.), con inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo que dure a condena. Así mesmo, deberá indemnizar á traballadora acosada, con responsabilidade civil subsidiaria do Concello de Ourense. Esta Sentenza da Audiencia Provincial é firme e contra ela non cabe interpoñer recurso algún.

Na sentenza inicial se indicaba que o acusado "no ámbito da relación laboral e valéndose da súa superioridade xerárquica, iniciou, de forma deliberada, unha actitude permanente de acoso e desprezo hacia a traballadora, co fin de humillala e obrigala a que abandoase o seu posto de traballo.
Así, procedeu a privala progresivamente das suas funcións, ata chegar a unha situación de falta de ocupación efectiva".

A traballadora sufriu, entre outras situacións vexatorias, a instalación no seu equipo informático dun programa que lle impedía acceder a contidos necesarios para a realización das súas tarefas, salvo autorización do administrador. Así mesmo o acusado remitiu correos electrónicos recriminando á traballadora supostos abandonos do posto de traballo e roubos de material de oficiña, feitos polos que nunca foi sancionada.

Máis información na web da CIG a través da ligazón

Tanto a Sentenza como a Sentenza da apelación poden consultarse no apartado de documentos adxuntos.

Documentos

SENTENZA CONDENATORIA PENAL 2 (1).pdf
Sentenza apelacion. Audiencia Provincial.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS