Financiado por:
/ Portada / Delegados

Condenan a dous técnicos por un accidente

23-10-2014 - ACCIDENTE LABORAL

O coordinador de seguridade dunha papeleira de Hernani e un técnico de prevención de riscos laborais dunha contrata encargada da limpeza das instalacións foron condenados onte a sete meses de cárcere por un accidente laboral no que dous operarios resultaron feridos graves.

Os feitos sucederon o 28 de agosto de 2007, cando os traballadores, contratados temporais, accederon a un tanque para retirar residuos do interior. A sentenza recolle que estes labores se desenvolveron aproveitando que «o proceso produtivo atopábase parado debido ao período vacacional», a pesar de que nas proximidades «púxose en marcha unha caldeira auxiliar» que «alimentaba a rede de subministración de vapor de auga». Horas máis tarde produciuse «unha entrada súbita de auga quente e residuos no interior», que «alcanzou a ambos traballadores».

Un deles sufriu queimaduras de segundo e terceiro grao no 30% do seu corpo, e necesitou tratamento médico e cirúrxico. O afectado padece secuelas como cicatrices ademais de «picores continuados nas costas e extremidades superiores». O seu compañeiro sufriu queimaduras na rexión facial, tronco e extremidades superiores, artrite postraumática no xeonllo dereito, unha contusión no ombreiro dereito e queratite en ambos os ollos.

A resolución constata «importantes deficiencias» na seguridade durante a limpeza, o que «puxo en grave perigo a integridade dos traballadores que se materializou no accidente». Por este motivo foron condenados a sete meses de prisión como responsables dun delito contra os dereitos dos traballadores e outro de lesións imprudentes coa atenuante de dilacións indebidas no proceso xudicial. Non obstante a sentenza substitúe as penas privativas de liberdade por senllas multas de 2.520 euros.

 

Fonte prevencionar

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS