Financiado por:
/ Portada / Delegados

Condenan á nove meses de cárcere a un coordinador de seguridade e aos administradores da contrata

11-11-2014 - Accidente laboral

O Xulgado do Penal número 3 de Albacete condenou ao coordinador de seguridade e as administradoras da empresa a indemnizar con 181.815,24 euros ao traballador que sufriu o accidente laboral. Ademais, o xulgado impuxo, a cada un do tres condenados, unha pena de nove meses de cárcere por consideralos presuntos autores dun delito contra a seguridade no traballo e un delito de lesións por imprudencia grave. En maio de 2005 o traballador accidentado atopábase colocando taboleiros de encofrar á altura da quinta planta, sen levar arnés ou outra medida de seguridade; nun momento dado perdeu o equilibrio e caeu até a cuarta planta, desde unha altura aproximada de 2,70 metros. Como consecuencia das lesións provocadas pola caída, o traballador sufre secuelas que lle orixinan unha incapacidade permanente total para a súa actividade habitual.

Segundo recolle a sentenza, declárase probado que en maio de 2005 unha mercantil promoveu a edificación de vivendas en Almansa (Albacete), para o que contratou a unha empresa construtora a realización da estrutura das mesmas. A empresa contratista non elaborou un plan de seguridade para a obra, senón que simplemente realizou un documento de carácter xeral sen referencia específica a algunha obra, que foi aprobado, a pesar das deficiencias, polo aparellador e acusado que asumiu as funcións de coordinador de seguridade.

Como medidas de seguridade durante a realización da obra adoptouse a colocación de redes que impedían a caída de traballadores hacia o exterior da obra, pero sen adoptar medida algunha que impedise a caída entre os ocos que había no interior da obra, circunstancia que coñecía tanto este acusado como os outros dous, administradores da empresa contratada e que exercían funcións de dirección dos seus traballadores que prestaban servizos na obra.


O Estatuto Dos Traballadores no seu artigo 19.1 recolle o deber do empresario á protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo. Por este motivo o empresario deberá adoptar cantas medidas preventivas sexan necesarias para evitar os riscos e o impacto de accións perigosas derivadas do descoido ou imprudencia do traballador. Á falta de protección por parte do empresario contratista que sinala esta sentenza hase de engadir, dentro do alcance do delito xulgado, a falta dun Plan de Seguridade da Obra co contido e distribución indicados no artigo 7 do RD 1627/1997: "En aplicación do estudo de seguridade e saúde ou, no seu caso, do estudo básico, cada contratista elaborará un plan de seguridade e saúde no traballo no que se analicen, estuden, desenvolvan e complementen as previsións contidas no estudo ou estudo básico, en función do seu propio sistema de execución da obra. No devandito plan incluiranse, no seu caso, as propostas de medidas alternativas de prevención que o contratista propoña coa correspondente xustificación técnica, que non poderán implicar diminución dos niveis de protección previstos no estudo ou estudo básico." Plan, que a pesar das definciencias presentadas, foi aprobado polo Coordinador de Seguridade e Saúde.

Fonte: esdigital.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS