Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Condenados os cinco responsables dunha obra, cuxo promotor era o Ministerio de Fomento, pola súa responsabilidade nun accidente laboral ocorrido fai máis de dez anos

10-02-2016 - SENTENZA

Os feitos foron considerados constitutivos dun delito contra os dereitos dos traballadores en concurso cun delito de lesiones imprudentes. Os acusados aceptaron indemnizar conxunta e solidariamente ao traballador ferido con 47.138,86 euros e abonar os gastos de asistencia médica, máis os intereses legais.

O sinistro produciuse o 20 de decembro de 2005. Segundo a sentenza, "o procedemento xudicial estivo parado inxustificadamente en numerosos períodos". O traballador recibiu unha descarga eléctrica que lle provocou graves lesións que lle supuxeron dúas operacións con enxertos de pel e secuelas.

Os acusados -o administrador da empresa para a que traballaba a vítima, o encargado, o xefe de equipo, o encargado da empresa contratista principal e, o administrador único da empresa contratada, e subcontratada á súa vez, para as operacións de elevación e transporte nas obras de construción da Autovía, cuxo promotor era o Ministerio de Fomento-. asumiron a súa responsabilidade, polo que non se chegou a celebrar a vista oral no Xulgado do Penal 1 de Oviedo.

Os dous principais responsables foron condenados a 9 meses de prisión e 540 euros de multa cada un. O xefe de equipo, a 9 meses de cárcere e unha multa de 360 euros. E os dous últimos a 3 meses de prisión, que se substituirán por 1.080 euros cada un, e unha multa de 360 euros. Ambos xa abonaran ao traballador 32.861 euros. Ademais, terán que idemnizar á vitima con 47.138 euros, máis os intereses legais, contía que abonarán directamente as aseguradoras da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento e das empresas implicadas.

Segundo consta na sentenza, os acusados recoñeceron que "non habilitaran medidas para evitar o risco eléctrico" a pesar da proximidade de liñas de alta tensión, e que "non dispuxeran un sistema ou procedemento de traballo ou de coordinación entre os traballadores das distintas empresas intervenientes". E todo iso a pesar de que "tanto nas avaliacións de riscos elaboradas polas empresas como no Plan de Seguridade e Saúde, detectouse o risco, sinalándose a necesidade de que, ou ben non se realizasen os traballos sen que a compañía eléctrica descargase a liña, ou ben se balizara ou instalasen barreiras de protección ou pórticos para respectar a distancia mínima de seguridade".

O xuíz considera que os feitos foron constitutivos dun delito contra os dereitos dos traballadores en concurso con outro de lesións imprudentes.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS