Financiado por:
/ Portada / Delegados

Condeado un servizo de prevención por neglixencia

02-03-2016 - Sentenza

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra confirmou a condea a un servizo de prevención polo falecemento, debido a unha enfermidade pulmonar agravada polo contaxio por lexionela na empresa, dun traballador dunha granxa. O Tribunal ratificou que no caso se produciu unha falta evidente de vixilancia da saúde dos problemas respiratorios do traballador. Así mesmo, desestimou os recursos presentados polo servizo de prevención e pola granxa, que deberán aboar de forma solidaria 274.780 euros á familia do falecido.

O traballador comezou a prestar servizos na granxa no ano 1972 realizando diversas funcións; no desempeño das mesmas tiña contacto con pensos, po do muíño e productos químicos agresivos e irritantes para as vías respiratorias. Na resolución faise constar este feito e que aínda que empregaba mascariñas protectoras, sufría accesos de tos cando realizaba as súas tarefas. No ano 2007, o traballador falece logo dun proceso de neumonía con lexionela.

Segundo se indica na sentenza, durante o tempo que traballou na empresa e pese a sufrir frecuentes problemas de tos, o servicio de prevención  pasou por alto os seus problemas respiratorios nos recoñecementos anuais realizados entre os anos 2002 e 2007, non aplicando o protocolo de vixilancia sanitaria específica por hipersensibilidade, salvo no recoñecemento do ano 2005. Segundo a sentenza “de terse feito, podería terse detectado a enfermidade nos seu inicios, evitando a súa progresión; detectouse a enfermidade cando xa era crónica e desenvolvera unha fibrose pulmonar”, ademais “na única ocasión na que se lle aplicou o citado protocolo, a actuación tampoco foi a axeitada pois ante os resultados da espirometría, que detectaron un valor de capacidade vital forzada menor ao 80% non se efectuou o estudio completo e a valoración por especialista en alergoloxía, non se apartou ao traballador da fonte de exposición, nin sequera foi remitido ao seu médico de atención primaria”, polo que o Tribunal entende que o seguimento da patoloxía queda seriamente cuestionado, incumprindo o disposto na LPRL.

Un informe do Instituto de Saúde Pública datado pouco despois do falecemento, indicaba que na granxa existían “instalacións potencialmente transmisoras de lexionelose. A granxa, de feito, tiña incurrido en varios incumplimientos relacionados co abastecemento de auga e a falla de mantemento.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS