Financiado por:
/ Portada / Delegados

Condeada á empresa pola exposición a amianto dos veciños dunha das súas fábricas

18-01-2018 - Sentenza

A Audiencia de Madrid condenou á empresa Uralita a indemnizar con máis de 2 millóns de euros a 39 persoas, veciños da fábrica que Uralita tiña en Cerdanyola e familiares de traballadores, polos danos causados polo amianto. A sentenza considera que o amianto empregado na fábrica, en funcionamento de 1907 a 1997, está directamente vinculado cos mesoteliomas, asbestosis ou placas pleurales que sufriron. O fallo sinala que, no caso dos familiares, a exposición ao amianto produciuse debido a que os empregados lavaban nas súas casas entre 1971 e 1977 os traxes que usaban na fábrica.

No caso dos veciños, a sentenza recolle que existen informes (o primeiro do ano 1977) que recollen que nas rúas de Ripollet e Cerdanyola atopábanse "fibras e residuos de cemento e amianto" debido a que o po do proceso de moído da fábrica evacuábase ao exterior, "sen filtros nin dispositivos de retención e recollida". O tribunal conclúe que a empresa Uralita tiña que ser consciente dos perigos do amianto, pois dende os anos 40 varias institucións alertaron do seu perigo. Así mesmo, o tribunal rexeita esta interpretación e considera que Uralita "non actuou coa dilixencia esixible" e é responsable dos danos nos veciños de Cerdanyola do Vallès e Ripollet que inhalaron fibras de amianto emitidas ao ambiente exterior "sen o debido control pola actividade industrial" da empresa. 
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS