Financiado por:
/ Portada / Delegados

Condea para os responsables dunha obra na que quedou sepultado un traballador

13-03-2015 - sentenza

O accidente produciuse cando un traballador foi sepultado por unha parede vertical dunha zanxa nas obras que se executaban na Praza de España en Ferrol en xuño do ano 2006. Agora o Xulgado do Penal número 1 condea aos acusados no proceso. Así, o xerente de Emafesa foi condeado a tres meses de prisión e unha multa de tres meses a razón de nove euros diarios por un delito contra os dereitos dos traballadores e outros seis meses de cárcere por un delito de lesións imprudentes; o xefe do departamento técnico e de explotación de Emafesa así como o xefe, o encargado e o capataz de obra de Abeconsa resultaron condeados por lesións imprudentes a seis meses de cárcere. Ademáis todos resultaron inhabilitados durante seis meses para o exercicio da profesión, oficio e cargo que conleve funcións en materia de prevención de riscos e seguridade dos traballadores no ámbito da construción. O administrador de Coypar foi condeado por unha falta de lesiones imprudentes a multa de 25 días con cuota diaria de 9 euros.

Na sentenza o xuíz considera probado que Abeconsa solicitou a Emafesa a conexión dunha tubaxe de abastecemento na Avenida de Vigo con outra existente, así como a conexión á nova conducción de distribución que discurría ata os límites da obra. A conexión estaba na parte intermedia dunha zanxa aberta por Abeconsa; durante os traballos a zanxa se inundou provocando cortes no sumiistro de auga na cidade; o xefe do departamento técnico de Abeconsa contactou co admimistrador de Coypar co fin de que un traballador desta empresa e outro de Emafesa procederan a realizar traballos de premontaxe e posterior montaxe dentro da zanxa; o accidente sucedeu cando se derrumbou unha parte da parede vertical da zanxa atrapando a un dos traballadores que estaba dentro da zanxa rematando as conexións, a resultas do cal o traballador sufriu danos que deron lugar a unha incapacidade permanente. O xuíz considera que a zanxa "carecía de todo tipo de medidas para evitar desprendementos"

Así mesmo, o xuíz sinala que o xerente de Emafesa incumpriu a súa obriga de comprobar que as obras cumprían as normas de seguridade " ben persoalmente, ben designando a unha persoa capacitada ou ben recabando da UTE a información necesaria",  indicando que a responsabilidade de proveer de medidas de seguridade á obra era da UTE.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS