Financiado por:
/ Portada / Delegados

Condea para dous empresarios pola morte dun dos seus traballadores

04-01-2018 - Sentenza

O Xulgado do Penal número 3 de Xaén condenou a dous empresarios a un ano de prisión e 200.000 euros de indemnización pola morte en accidente laboral dun traballador. A sentenza estabelece que o sinistro produciuse pola falta de medidas de seguridade, unha obriga legal que corresponde aos empresarios.

Os feitos ocorreron en outubro do 2015, cando o traballador, con categoría de operario forestal, estaba a cortar chopos cunha motosierra, acompañado de varios compañeiros. Ao cortar unha das árbores, o tronco quedou apoiado noutro, que estaba diante. Ao talar outro chopo próximo, este “non seguiu a traxectoria de caída prevista polo empregado”, e  “chocou contra o que se quedara enganchado, rebotou e golpeou ao traballador nas costas”, indica a sentenza. O traballador faleceu no acto. A resolución xudicial entende que o accidente se produciu por falta de medidas de prevención axeitadas, pois non existía “unha planificación na que se recollese o procedemento de traballo correcto”.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS