Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Condea para a responsable de obra de empresa contratista e encargado de empresa subcontratada

07-05-2015 - sentenza

O Xulgado do Penal de Alcalá de Henares condeu á responsable de obra da empresa contratista e ao encargado da empresa subcontratada a indemnizar conxunta e solidariamente cunha cantidade cercana aos 800.000 euros a un traballador que sufriu un accidente laboral; así mesmo condea á responsable de obra a 4 meses e medio de prisión e ao encargado da empresa subcontratada a 3 meses de prisión.

Segundo se indica na sentencia, no 2005 a empresa contratista promovía unha urbanización de vivendas unifamiliares; a execución das cubertas se subcontratou a unha empresa que aportou dous traballadores para este menester. A pesares de que estaba estabelecido no plan de seguridade da obra que esta  debía contar cunha rede de seguridade ou baranda no andamio perimetral, pois existían ocos que permitían a caída dos traballadores, non se adoptaron as medidas oportunas.

Do mesmo xeito, non se tomaron medidas para que os traballadores empregasen equipos de protección individual co fin de evitar o risco de caída en altura.

Cando os traballadores estaban a uns 6 metros de altura,  colocando chapas de aceiro nun tellado, un deles caeu; a resultas da caída o traballador sufre importantes secuelas,  atopándose en situación de incapacidade permanente absoluta. 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS