Financiado por:
/ Portada / Delegados

Condea de nove meses e tres de prisión por homicidio imprudente e un delito contra os dereitos dos traballadores/as

16-07-2015 - sentenza

O Xulgado do Penal 2 de Vigo acolleu a vista de conformidade deste caso, no que os acusados, tres arquitectos, tres aparelladores, o xefe de obras da construtora e o encargado de obras do edificio, aceptaron a condea. O suceso tivo lugar en 2009, nas obras de construción dun edificio, cando unha limpadora se precipitou ao valeiro dende unha altura de máis de sete metros ao pisar un falso chan de lana de roca, falecendo a consecuencia das feridas sufridas; o falso chan estaba situado nun oco que non tiña ningún tipo de sinalización.

A condea engade seis meses de inhabilitación para elaborar e coordinar estudos e plans de seguridade laboral e unha multa de catro meses a razón de 15 euros diarios. A dous dos acusados se lles substitúe a pena de prisión por unha multa de 9.720 euros, mentras que para o resto acórdase a suspensión a condición de que en dous anos non volvan a delinquir, en cuio caso cumprirían as penas de cárcere.

Segundo o fiscal, que lembrou que un ano antes ocurrira un accidente similar por circunstancias similares con resultado de un traballador ferido grave, a falta de previsión de medidas específicas e concretas de protección para os ocos das instalacións existentes na edificación onde se produciu o accidente foi a causa principal do sinistro, aínda que tamén contribuiu ao mesmo a deficiente dirección facultativa da execución da obra, que sendo consciente do perigo, non tomou as medidas oportunas para protexer os ocos, e a deficiente coordinación de vixilancia.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS