Financiado por:
/ Portada / Delegados

Condea a unha mutua por diagnosticar un accidente laboral como enfermidade dexenerativa

03-05-2016 - Sentenza

O Tribunal Superior de Xustiza (TSJ) de Madrid responsabilizou a unha mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais por "perda de oportunidade" motivada do erro de diagnóstico que sufriu unha traballadora. A sentenza considera probado que a mutua considerou que as dores nas costas que padecía, consecuencia dunha caída, eran froito da lumbalxia que padecía desde facía 15 anos.

En decembro de 2010, a demandante escorregou cara atrás no seu centro de traballo, producíndose lesións no pescozo e costas así como nos brazos. Os facultativos da súa mutua centraron á atención nas dores das costas e descartaron posible patoloxía no pescozo. En xaneiro de 2011, realizóuselle unha resonancia magnética na zona lumbar. Como resultado, os facultativos confirmaron que se trataba dunha "enfermidade dexenerativa", xa que a paciente padecía lumbalxias dende había 15 anos.

Así pois a mutua deulle o alta e derivou á traballadora ao seu médico da Seguridade Social que, o 27 de xaneiro de 2011, procedeu a darlle a baixa. A traballadora acudiu a unha clínica privada onde se lle realizou unha resonancia magnética cervical, na que se  evidenciou unha "hernia discal cervical voluminosa C-5 e C-6", que provocaba compresión medular e que precisaba dunha intervención cirúrxica, (realizada en novembro de 2011, logo de meses sin diagnóstico nin tratamento).


A sentenza indica que no informe pericial achegado pola mutua faise constar un "diagnóstico de cervicalxia" pero só se practicou unha resonancia limitada á "columna lumbar". O Tribunal estima que existiu unha "perda de oportunidade" que implica que a enfermidade que padece "non foi diagnosticada oportuna senón tardíamente". O fallo lembra que a perda de oportunidade concrétase no "grao de incerteza que rodea a unha determinada actuación médica para constatar en que medida se evita un resultado lesivo, atendida a gravidade do dano".

A sentenza, que é firme, concede unha indemnización 10.000 euros; o fallo considera como dano indemnizable "o atraso entre o día no que a mutua debeu facer unha resonancia magnética na zona cervical e a data na que acudiu ao centro privado"; as cantidades indemnizadas son moi inferiores ás solicitadas pola reclamante xa que, segundo o Tribunal, esta "acudiu á mediciña privada e non permitiu que a sanidade pública indagase sobre a orixe da súa doenza".



Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS