Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Condea a unha empresa por un accidente laboral

04-10-2017 - Sentenza

A empresa asentada no polígono Río do Pozo de Narón, foi condeada, solidariamente coa aseguradora Ace European Group Limited, ao pago dunha indemnización de 528.355 euros a un traballador en situación de gran invalidez por mor dun accidente laboral. A sentenza fora ditada por un xulgado de Ferrol e acaba de ser confirmada pola Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que desestimou o recurso de suplicación interposto pola parte demandada.

 

O accidente tivo lugar nas instalacións da empresa o 16 de novembro do 2011, cando o traballador estaba a realizar o proceso de cambio de rolos dunha máquina denominada Schlatter, que se alimenta co arame que chega á fábrica. Para abastecer o equipo utilízase unha guindastre pórtico que move os rolos de alambrón mediante un útil de elevación en forma de «c». O traballador estaba só na zona de cambio de rolos no momento en que un portarrolos impactou contra él.
O fallo que condena á empresa susténtase en que se infrinxiu o deber de seguridade que a empresa ten fronte ao traballador, que estaba só nunha zona cualificada de risco, así como no método de traballo.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS