Financiado por:
/ Portada / Delegados

Comunicación da Comisión Europea sobre Seguridade e Saúde no Traballo.

08-02-2017 - COMISIÓN EUROPEA

O 10 de xaneiro foi presentada a Comunicación da Comisión Europea que establece o plan de acción para modernizar a lexislación e a política en materia de seguridade e saúde no traballo dos próximos anos.

O conxunto dos danos á saúde causados polo traballo segue a ser elevado, e iso supón un desafío fronte ao que se dirixen as actuacións do plan de acción presentado, coa finalidade de alcanzar un traballo máis seguro e saudable parta todos e a modernización da lexislación e políticas da UE de saúde e seguridade no traballo. Diversos estudos demostraron que por cada euro que o empresario inviste en saúde e seguridade profesional, gañará dous.

A Comisión define tres acciones prioritarias en materia de seguridade e saúde no traballo para os próximos anos baseadas na avaliación ex post, que aínda que conclúe que a estrutura global da lexislación en seguridade e saúde no traballo é eficaz, existen partes da lexislación obsoletas e sinala a necesidade de atopar maneiras efectivas coas que afrontar os novos riscos. Tanto a Avaliación ex post como o informe do Parlamento Europeo de 2015 sobre o Marco estratéxico de seguridade e saúde no traballo 2014-2020, subliñan a necesidade de protexer a todos os traballadores por igual, con independencia do tamaño da empresa, o tipo de traballo ou o tipo de contrato.

A Comisión propón un plan de acción para os próximos anos con tres liñas de acción prioritarias:

-  reforzar a loita contra os cancros profesionais mediante propostas lexislativas, acompañadas dunha maior orientación e sensibilización;

-  axudar ás empresas, especialmente ás pemes e ás microempresas, a cumprir o marco lexislativo de saúde e seguridade no traballo;

-  cooperar cos Estados membros e os interlocutores sociais para eliminar ou actualizar as normas obsoletas e para reorientar os esforzos cara a unha protección mellor e máis ampla, o cumprimento e a aplicación sobre o terreo.

Ligazón ao documento completo da Comunicación da Comisión.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS