Comercio responsable de minerais na UE26-05-2015 - SaúdeA Eurocámara votou a favor de endurecer as medidas contra a venda de minerais que fiancian conflitos. Preténdese obrigar a tódalas empresas da cadea de produción a identificar a procedencia dos materiais cos que comercian, o que afecta a unhas oitocentas mil empresas europeas. Os parlamentarios endureceron o texto proposto pola Comisión Europea que propoñia a realización dunha autocertificación voluntaria para o comercio responsable de minerais na UE e que só afectaría a unhas vinte empresas europeas. | ![]() |
|---|
O camiño percorrido polo proxecto de lei sobre os minerais de conflito foi ata o momento bastante complexo, debido ao acoso dos grupos de presión empresariais. A regulación votada é unha victoria histórica que antepón o respeto aos dereitos das persoas por encima das ganancias das empresas.
O resultado da votación con 400 votos a favor, 285 en contra e 7 abstencións, non é definitivo. Agora o Parlamento e o Consello da UE, coa supervisión da Comisión Europea, negociarán un texto para esta lei que pode ser totalmente novo.