Financiado por:
/ Portada / Delegados

Coa abstención do PP, o Congreso dá o visto bo para iniciar a tramitación dun Fondo Estatal para compensar economicamente ás vítimas do amianto

07-11-2017 - AMIANTO

O fondo de compensación económica é un mecanismo que os/as afectados/as polo amianto levan anos reclamando, sobre todo para evitar custosos procesos xudiciais para enfermos e viúvas de falecidos. Trátase logo, de garantir uns fondos económicos que terán especial importancia naqueles casos nos que os enfermos pertecen a empresas xa desaparecidas ás que non poden reclamar indemnización.

Efectivamente, o pasado día 10 de outubro o Congreso deu o visto e prace á tramitación da proposición de lei do Parlamento Vasco para crear un fondo estatal para compensar aos traballadores/as vítimas do amianto.

PSOE, Unidos Podemos, Cidadáns, PNV, Compromís, EH Bildu e Foro Asturias -non estaban na sesión os partidos cataláns- deron o seu apoio á iniciativa vasca, mentres o PP decidiu absterse xa que sabía que a inicitaiva íase aprobar, non tendo sentido votar en contra. A partires de agora ábrese un período de emendas no que se fixarán as condicións que configurarán o acceso a este fondo, aínda que na iniciativa xa se recolle un prazo de seis meses para indemnizar ás vítimas.

O fondo de compensación económica é un mecanismo que os/as afectados/as polo amianto levan anos reclamando, sobre todo para evitar custosos procesos xudiciais para enfermos e viúvas de falecidos. Trátase logo, de garantir uns fondos económicos que terán especial importancia naqueles casos nos que os enfermos pertecen a empresas xa desaparecidas ás que non poden reclamar indemnización.

Segundo a propia iniciativa, entre os anos 1994 e 2008 morreron no conxunto do Estado español ao redor de 4.000 traballadores/as por enfermidades vinculadas ao amianto. Substancia esta extremadamente canceríxena que se empregou profusamente en moitos procesos produtivos, especialmente nas décadas dos anos 70 e 80, prohibíndose o seu uso a comezos da pasada década.

O proxecto de lei, que recentemente foi defendido por parlamentarios vascos de PNV, PSE, EH Bildu e Elkarrekin Podemos, recolle a natureza e organización do fondo de compensación e determina os empresarios, as mutuas e as persoas titulares de dereitos como aqueles que están obrigados a cotizar. Así mesmo reserva achegas a este fondo vía orzamentos do Estado. Do mesmo xeito, establece un prazo de seis meses para que as persoas afectadas teñan dereito á indemnización efectiva.

 

Fonte: Deia

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS