Financiado por:
/ Portada / Delegados

Cara e cruz das mutuas

12-12-2012 - MUTUAS

O pasado un de novembro, o diario económico Expansion na súa noticia titulada "Os directivos das mutuas salvan os seus elevados salarios do axuste do Goberno" facíase eco da situación retributiva dos directivos das Mutuas de Accidentes de Traballo, cuxos salarios superan, na maioría dos casos, aos de moitos altos cargos do Estado, incluídos o Presidente do Goberno e os seus Ministros.

Segundo o ranking publicado, os soldos dos Xerentes oscilan entre os 89.740 €, no caso do Director de Solimat, e os 228.000 € do máximo responsable de Mutua Universal, situándose a maioría deles por enriba dos 150.000 € ao ano.

Chama especialmente a atención o salario do Xerente de Mutualia (194.840 €), décima mutua en volume de cotas e o quinto salario máis elevado, quen compatibiliza ademais o seu posto co cargo de presidente de Confebask, a patronal vasca e que leva sen aplicar o Convenio Sectorial ao seu equipo dende 2010. Tamén resulta rechamante o salario do Xerente de Fraternidade-Muprespa, (191.640 €) quen viu duplicado o seu salario en apenas dous anos.

Non obstante, a información publicada é só parcial, pois se refire á parte do salario dos Directores Xerentes que se percibe con cargo aos Presupostos Públicos, quedando excluídos os complementos salariais provenientes do patrimonio histórico, plans e fondos de pensións, etc.

Ademais destes 20 Xerentes, segundo datos da Seguridade Social, o número de directivos cuxos salarios superan os 100.000 € podería superar os catrocentos, pero resulta difícil sabelo con exactitude pois os datos se encontran diluídos no presuposto do salario de todo o equipo.

Como contraste a esta situación de privilexio, encóntranse o resto dos traballadores e traballadoras das Mutuas, que viron como os diferentes Gobernos lles aplicaron os mesmos recortes que ao persoal do sector público: 5% en 2010, que se mantén na actualidade, a non aplicación do seu Convenio Colectivo tanto en 2010 coma en 2011 e un recorte adicional do 7,14% do soldo en 2012, excedendo "en moito" da anunciada supresión da "Paga de Nadal" e que no seu conxunto supón preto dun 20% de perda de poder adquisitivo.

Malia a profunda crise económica, as Mutuas continúan dando beneficios que se integran no Fondo de Prevención e Rehabilitación, así como no fondo de Reserva da Seguridade Social.

 

Fonte: prevencionar.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS