Financiado por:
/ Portada / Delegados

Cara a un rexistro europeo de produtos que conteñen nanomateriais

14-04-2014 - HIXIENE

A implementación dun rexistro de nanoprodutos como un instrumento para aumentar a transparencia no uso dos nanomateriais na UE e garantir a supervisión regulatoria sobre os nanomateriais debateuse durante bastante tempo. As razóns para implementar un rexistro son as incertezas relativas á avaliación dos posibles riscos dos nanomateriais para a saúde humana e o medio e a falta de coñecemento dos consumidores e as autoridades en relación co uso e a concentración dos nanomateriais nos produtos.

En xuño de 2012, a Axencia Federal Alemá de Medio Ambiente (Umwelt Bundesamt) publicou un informe no que se expoñían algunhas ideas sobre como podería ser un rexistro europeo de nanomateriais. Segundo estas ideas, o fabricante ou importador dos produtos que sexa probable que poidan dar lugar a unha exposición dos seres humanos ou do medio ambiente a nanomateriais deberían notificalos a un único rexistro europeo.

Agora, Umwelt Bundesamt publicou un novo estudo no que se analiza o impacto que tería a implementación de dito rexistro, identificando os sectores e empresas que se verían máis afectadas por este, o número previsible de notificacións e estimáronse as categorías de substancias, mesturas e artigos que se deberían notificar.

Sobre a base deses resultados cuantificáronse os custos administrativos da implementación do rexistro tanto para os notificadores como para a autoridade competente así como os beneficios para as autoridades públicas, os consumidores e os notificadores.

O camiño cara a un futuro rexistro europeo parece cada vez máis claro, tras a implementación dalgúns rexistros nacionais (Francia, Bélxica...) e sobre todo a petición de ofertas efectuada pola Comisión Europea en xuño de 2013 para a elaboración dun estudo sobre as posibles necesidades de información adicionais en relación cos nanomateriais que, entre outros aspectos, debe considerar "un rexistro de nanomateriais e/ou produtos que conteñan nanomateriais en paralelo ás disposicións REACH e CLP".

O contrato foi adxudicado en febreiro de 2014 á consultora británica Risk & Policy Analysts Limited (RPA) que debe entregar o informe nun prazo de 15 meses.

Fonte: Nanowerk

 Enlaces Relacionados:

A noticia en Nanowerk

Informe "Algunhas ideas sobre un rexistro europeo"

Informe sobre a avaliación do impacto da posta en marcha do rexistro

Petición de ofertas da Comisión Europea

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS